Por fin de volta na Habana!

Quince días despois de sair, rematou o meu minitour polo Oriente cubano! Finalmente 8 días en Santiago de Cuba, 2 en Guantánamo e outros 3 en Holguín.
Cheguei o Domingo pola mañá, tiven que pasar 36 horas na terminal de omnibus, 12 horas de viaxe en guagua, e cando cheguei á beca non tiñamos ascensor, así que tiven que subir os 16 pisos ca mochila e unha caixa de 10 kilos de comida, así que aínda estou un pouco encabronado.
Hoxe prometo poñerme a respostar os correos que teño pendentes, e a ver se subo algunhas fotos da viaxe. Se tardo uns días nos correos, pido disculpas, pero estou atrasadísimo nas clases e teño que poñerme ó día!

3 respuestas para “Por fin de volta na Habana!”

  1. Laura dice:

    “estou un pouco encabronado”? Vas vir cunha mestura lingüística que vai dar gusto ouvirte! :)

  2. Outes dice:

    @Laura: E porque non quixen poñer “estou un pouco empingado”, porque xa sería demasiado! Pero sería a palabra que máis se acercaba ó que sentía falando en cubano…;)

  3. Laura dice:

    E mandarme un mail contándome que tal, en vez de contestarme a estas chorradas…? :P

Dejar una respuesta