Fotos de Santiago de Cuba (I)

Para non aburrir á xente con posts longuísimos sobre a miña viaxe, a ver se fago un resumo a base de fotos en varias entradas, que así vós aburrídesvos menos e eu gaño horas de vida!
Podemos dicir que a viaxe comezou dun xeito bastante especial, cando no aeroporto descubrimos que iamos viaxar nun YAK-42D, o famoso modelo no que se mataran os soldados españois fai uns anos, e que nunca foron enterrados onde debían. Primeira vez que monto nun modelo soviético (aínda que xa de fabricación rusa). Como todo o feito polos soviéticos, grande, pesado, incómodo, pero ben feito. Interesante!

Estos somos unha parte da delegación enviada pola Habana ó evento. Estamos na Praza Céspedes, centro de Santiago de Cuba. Ó fondo, o Concello, e á esquerda estaría a casa de Velázquez, a máis antiga conservada en Cuba. Detrás, a catedral de Santiago. De esquerda a dereita: Laura, eu, Jessi, Leyanis, Roi, Luis Carlos, Anay e Lucía.

Antes de subir á igrexa da Virxe do Cobre, un dos edificios máis bonitos que vin en todo Oriente, e cunha panorámica impresionante do val que a rodea e as minas de cobre que hai ó lado. Somos xente das delegacións da Habana e Pinar del Río. De esquerda a dereita: Roi, eu, Laura, Ana María, Leyanis e René.

Sección masculina da delegación da Habana dende a Virxe do Cobre. De esquerda a dereita: Luis Carlos, eu, Alejandro e Roi.

O día da Inauguración de ONUCARIBE’10, na Praza da Revolución Antonio Maceo, en Santiago de Cuba. Non se ve o monumento a Maceo porque era demasiado grande para sair na foto. O que se ve detrás son lanzas, en realidade hai 26, que simbolizan cada disparo que recibiu Maceo durante a súa vida. Como curiosidade, desos 26 disparos, 8 recibiunos na mesma batalla, e SOBREVIVIU. Por algo se lle chama o Titán de Bronce. É o meu personaxe histórico cubano favorito, sen dúbida!
Por certo, vestir así dá noxo. Premio a quen me atope!

E por último, sen vir moito a conto, para a xente que di que teño que cortar o pelo. Imaxinades que o tivera así? O aire da camioneta na que iamos púxome o pelo así, non te preocupes mami!

5 respuestas para “Fotos de Santiago de Cuba (I)”

  1. tuanai dice:

    agradezo as fotos.
    na segunda o tal Luis Carlos estaba “diverdidísimo”.
    na das lanzas atopeiche enseguida, (eses pelos fanche moi recoñecible) pero contarás de onde sacaches a roupa.
    da última foto mellor non dicir nada.
    De todos xeitos, un grupo moi xeitoso de estudantes.

  2. Sus dice:

    Eu tamen che recoñecín á primeira… moi juapos todos!
    Jaaaajajajajaja, encántame a ultima foto… deberías cortar o pelo asi, estás simpatiquísimo!

  3. Raquel dice:

    En la ultima foto pareces Lady Gaga!! xD jajajajajaja

    te encontré en la foto.. me debes un premio!!!!

    Q poco te pega la corbata. xD

  4. Yipee dice:

    Que pintas de heavy metal redomado que tienes en la de la corbatita xD Me alegra ver que ese viaje bien! Por aquí todo y todos como siempre, no necesitas hacer mucho esfuerzo para imaginar jeje. Un abrazo!

  5. marisa dice:

    Sinto, pero eu tamén son da opinión de que che queda melhor o pelo curto

Dejar una respuesta