- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Eleccións parciais ás Asembleas Municipais do Poder Popular
O pasado Domingo 25 (cando se cumplían 8 meses da miña chegada a Cuba), realizáronse as eleccións parciais ás 169 Asembleas Municipais do Poder Popular que hai no país.
Dadas as particularidades do sistema electoral cubano, vou ver se dou feito unha especie de mini-análise sobre como se realizan. En Cuba o sistema electoral non é multipartidista (non existen partidos políticos fóra do Partido Comunista de Cuba), as eleccións son directas, a idea é buscar un modelo de democracia participativa ante o modelo burgués de democracia representativa (que é o que nós coñecemos).
O sistema crea unha pirámide, onde o escalón máis baixo son as circuscripcións: unión de varios CDR (que se organizan por cuadra. Poden ser 4, 6, 10…Depende da situación). Dende as circunscripcións saen os delegados para os municipios (as eleccións que veñen de producirse). En cada circuscripción preséntase quen quere para delegado (sen importar se eres militante do PCC ou non, iso é importante!), e con esa xente a Comisión Electoral correspondente realiza un primeiro sesgo para limitar o número de delegados. Xeralmente o número de delegados non supera os 6 en cada circunscripción. Así, estos candidatos a delegado de cada circunscripción xóganse unha praza na Asemblea Municipal. O municipio ten un alcance xeográfico semellante ós municipios que todos coñecemos, e funcionan parecido, pero búscase que non sexan excesivamente extensos (por exemplo, cidade da Habana ten 16 municipios, non é un só, para así descentralizar o sistema. Eu vivo no municipio Plaza!:D).
Polo tanto, o votante elixe persoas, non partidos / listas pechadas. Así aseguras que o voto sexa realmente para a xente que queres que che represente realmente, sen ter que incluir xente que non necesariamente consideras válida.
Agora, un dos puntos sobre os cales non estou de acordo: as campañas electorais están prohibidas. A idea disto é asegurar a maior igualdade entre os delegados, que así todos poidan participar en igualdade de condicións. Para saber quen é cada delegado, créase unha especie de mini Curriculum Vitae sobre o candidato: algúns datos persoais (nome, idade, onde vive…), a súa formación, militancia, traballos voluntarios, misións internacionalistas, etc. Así teóricamente deberías ter unha información de cada candidato para saber que é e o que fixo na súa vida. Pero eliminas totalmente as cousas polas que se supón quere pular no seu traballo, pola súa biografía non sabes o que quere realizar. Teóricamente de novo, os cidadáns deben coñecer ós seus candidatos porque son xente que vive ó seu carón na maioría dos casos, e posiblemente os coñeces das reunións veciñais e actos locais. Pero tampouco necesariamente é así, en especial en zonas moi habitadas (léase a Habana). Polo tanto, en moitos casos a desinformación é importante. Aínda que me doe decilo, vin casos de xente que votaba ó azar porque non coñecía ós candidatos. Punto importante que se debería modificar do sistema electoral, dende o meu punto de vista…Sería moito máis produtivo realizar debates entre os candidatos, para saber polo menos as súas propostas.
En canto ás eleccións do Domingo, realizáronse sen ningún problema, cunha participación do 94,69%. Como podemos ver, a participación é elevadísima. Agora, as medidas coercitivas para votar existen. Persoalmente, non me parece erróneo que se impulse á xente a votar, así fas que todo o mundo participe no proceso, pero bueno, iso é discutible. Igualmente, hai países nórdicos que establecen o voto como un deber e exiten multas á xente que non vai ás urnas. Tamén discutible…De tódolos xeitos, sempre tes a posibilidade de votar en branco ou nulo, pero os casos tampouco son moitos. Entre os votos brancos e nulos neste caso non se chegou ó 9%, o que tamén me pareceu sorprendente, porque é unha forma lóxica de mostrar o descontento sobre o sistema, o que quererá dicir algo.
Tamén existe unha segunda volta, que se realizará o vindeiro 2 de Maio. Para ser elixido, o candidato necesita a metade de votos máis un, e se existe empate ou non se chega a esta maioría, repítense as eleccións entre os 2 candidatos de maior peso de votos precedente, algo semellante ás eleccións en Francia, por exemplo.
Por outra banda, nas Asembleas Municipais non só están estos delegados. As organizacións de masas do país (CDR, FMC, CTC, FEU, ANAP…) teñen reservadas unha cantidade de postos que se elixen dentro das mesmas, para asegurar unha participación real do suxeito social cubano.
Por último, algúns datos curiosos:
As urnas están vixiadas por nenos: evidentemente hai un Presidente na mesa, vocais e interventores, pero as urnas son unha responsabilidad da Organización de Pioneros José Martí, organización á que pertencen todos os estudantes de ensino Primario. É bastante gracioso velos, eu fun votar cun amigo e cando metes a papeleta son dous nen@s (xeralmente de 6º grao) os que din “VOTÓ”
O voto é segredo por obrigación. Danche a papeleta cos nomes e ti méteste nunha sala onde non hai ninguén para votar o que consideras. Paréceme perfecto, así ninguén pode dicir nada
A idade mínima para votar son 16 anos, non 18. Concordo totalmente ca medida, con 16 - 17 anos xa deberías ter 2 dedos de frente para poder votar.
As eleccións realízanse cada 2 - 3 anos, non cada 4 como nós estamos acostumados. Isto vén sendo así dende 1976, cando se aprobou a Constitución vixente e se aplicou por primeira vez este modelo. Este foi o 14º proceso electoral.