Archivo para 11. Mayo 2010

Fotos Santiago de Cuba (II)

Segunda parte da sección de fotos da viaxe a Santiago de Cuba!
Sesionando na Universidade de Oriente. Parece que sexamos a Asemblea Xeral de Nacións Unidas, está clarísimo non? Falaba a delgada de Irak nese momento.

Alfredo e máis eu. Olliño ó look, con guayabera! Mami, síntoo moito, pero non creo que me vaias ver vestido así máis na vida.

No Cuartel Moncada con Alejandro, Roi e Luis Carlos. Aquí foi onde o 26 de Xullo de 1953 se fixo o Asalto levado a cabo por máis de 100 homes, dirixidos por Fidel Castro e Abel Santamaría. O intento fracasa, morrendo asasinados a maioría deles, e o resto encarcelados durante 2 anos até a amnistía. Supón o primeiro intento armado por parte de Fidel de tomar o poder, e deste intento nace o Movemento 26 de Xullo, a organización de maior importancia durante a revolución cubana. Nós estamos na entrada ós almacéns de armas, por onde intentaron entrar os rebeldes, onde se poden ver os buratos causados polo tiroteo.

No val da Prehistoria, nas aforas de Santiago de Cuba. Un hipopótamo raro intenta comerlle unha perna ó pobre Isnel.

E esta foto está adicada á xente que visita fielmente o meu blog. Menos mal que sodes meus pais e 4 máis, porque vaia foto. Dándoo todo bailando salsa en Cuba, que non se diga!

|