Efemérides nos últimos días

Recordando que por estos días deben estar a realizarse os actos polo Día das Letras Galegas, vin varias conmemoracións aquí en Cuba.
O 17 de Maio, mentras por Galiza a xente andaba de manifestación, en Cuba celebrouse o día nacional do campesiño. O día conmemórase porque o 17 de Maio de 1959 aprobouse a primeira Lei de Reforma Agraria. Ademáis, a ANAP (Asociación Nacional de Agricultores Pequenos) estaba en Congreso, que se pechou o propio día 17
Ó mesmo tempo, tamén se celebrou o Día contra a homofobia (non sei se este é internacional), que culminou nun acto presidido por Mariela Castro (a filla de Raúl Castro), como presidenta do Centro para a Educación Sexual de Cuba.
Tamén me enterei de que o 17 de Maio é o día internacional contra a hipertensión, así que un saúdo a todos os hipertensos dende aquí.
Por outra banda, o día 19 de Maio conmemórase a caída en combate de José Martí, o prócer cubano, a mans de soldados españois, en 1895. Casualidades da vida, o mesmo día, pero 5 anos antes, nacera Ho Chi Minh, ó que tamén se lle fixo un acto con vietnamitas no monumento á súa persoa, que está na Habana.

Una respuesta para “Efemérides nos últimos días”

  1. Nune dice:

    Mira ti cantas cousas se celebran e de que poucas nos enteramos… (:

Dejar una respuesta