- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
El Ojo del Canario: José Martí
Aproximadamente fai un mes presentouse a película “El Ojo del Canario: José Martí”, o último proxecto de retratar a vida do Heroe Nacional de Cuba. Por fin puiden ir vela ó cine, así que xa podo escribir opinando.
A idea orixinal do proxecto vén dada por TVE, que está levando a cabo unha serie de coproduccións en América Latina e o Caribe para retratar ós próceres da independencia nas colonias españolas.
O proxecto era bastante complexo, porque José Martí é unha figura indiscutible na historia de Cuba, e sempre surxe moita polémica cando se tentan facer películas sobre el (xa houbo un par de proxectos que remataron en fracaso absoluto cunhas críticas horribeis). De feito, a Revolución Cubana ten un carácter “antiimperialista e martiano” dende os seus comezos, moito antes de recoñecer o seu carácter socialista. José Martí estúdase nas escolas todos os anos e se preguntas a xente sempre sabe algún dos seus poemas de memoria, a propaganda pola rúa xeralmente ten frases súas (”Ser culto es el único modo de ser libre” ou “Patria es Humanidad” son as máis míticas) e todo o mundo leu / ten libros seus na casa. Posiblemente é a figura máis respetada polos cubanos, así que a idea tiñan que tratala con coidado.
A película retrata a vida de José Martí durante a súa nenez e a adolescencia, polo que non profundiza no que foi realmente o seu traballo político e como xornalista / escritor durante a súa época adulta. Amósanos un Martí moi humano, que escapa totalmente ás representacións típicas de heroes cun carácter case sobrehumano. A película trata en todo momento de contextualizar a época que lle tocou vivir, e todos os enfrontamentos que estaban a darse na illa contra os españois pola independencia nacional.
Así, podemos ver a un Martí de 12 anos que se masturba por primeira vez e que vive con enormes problemas familiares, ó mesmo tempo que vai formando as súas ideas políticas