Vocabulario Cubano (III): Expresións

Expresións típicas de Cuba, para variar un pouco os posts de vocabulario.
Pinga: Sen dúbida, teño que comezar por esta. Palabra comodín para calquera cubano, “pinga” sirve para valorar absolutamente todo. Polo xeral “pinga” significa algo malo, pero segundo a entonación pode que estean dicindo que algo saiu perfecto.
Fula: A palabra esta non sei de onde a sacaron, pero tamén é das que se usa sen parar. Fula quere dicir que algo é difícil ou que está complicado de conseguir. Ademáis sempre que din fula usan un xesto cas mans, que dan palmadas cunha man aberta e ca outra pechada deixando un oco, de forma que fai vacío e soa rarísimo (difícil explicalo escribíndoo, seino). Ademáis, existe a variante de “fulísima”. Se escoitas a alguén dicir que “el examen está fula” ou “el examen está de pinga”, sabes que vai ser duro, pero se escoitas “el examen está fulísima” agárrate ós pelos do peito.
Ño: Unha muletilla que se escoita a miúdo. Xeralmente expresa sorpresa, e utilízase a comezo de frase, pronunciándoa algo así como “ñññño!”. Se te queres sentir moi cubano, podes facer un combo de palabras cubanas dicindo “ÑO, esto ‘tá ‘e PINGA, ASERE!”
Por gusto: Vén significando perder o tempo. É bastante curioso de escoitar, exemplo clásico: “Fui allí por gusto”, o quere dicir que fuches para nada.
Tener un queso: Das máis divertidas que escoitei. Ter un queixo significa que tes moitas ganas de ter sexo. Por que? Non teño nin idea, pero dino así.
Mezclar el culo con la llovizna: O seu equivalente a mezclar o touciño ca velocidade. Tamén graciosa a primeira vez que a escoitas.

5 respuestas para “Vocabulario Cubano (III): Expresións”

  1. tuanai dice:

    “ÑO, esto ‘tá ‘e PINGA, ASERE!” Traducción, por favor. Nin papa do que queren dicir coa frase.

  2. Nune dice:

    Vaia, que se tes ganas de mambo soltas así ó tolo “tengo un queso”?
    Podo saber como te diches conta de que non se referían á comida? (x

  3. Gabriela dice:

    Lo de “ñññño!” también es típico en Venezuela, más que nada porque acortan todas las palabras posibles. Antes decían “coño” (con perdón :P) y pasaron al “ñó!” para que no sonase tan grosero. Después, en palabras como “bendición”, pasaron a decir “ción” y en los casos extremos sólo “ón” simplemente por vagancia :D

    PD: Acabo de leerme las entradas de los últimos 3 meses de golpe…. fiu :D

  4. Outes dice:

    @tuanai: “Coño, eso está jodidísimo, tío!” Sería unha traducción bastante correcta…
    @Nune: Non se utilizara exactamente así, pero seguro que nun momento dado pode ser útil. Xeralmente úsase cando falas de alguén, non de ti mesmo, para burlarte del. Como se un rapaz mira a unha rapaza, e un terceiro di “mira, ese tiene un queso…”.
    @Gabriela: Bo dato o de acortar as palabras, efectivamente, en Cuba é por iso, igual que en Andalucía. Será polo calor?xD

  5. noa dice:

    Eu tamén digo ñoo, sempre o dixen e creo que aquí o di moita xente. É un pack, dis ñooo!! e pos cara de poker jejeje.
    O do queixo tamén ten unha variante “estar coma un queixo”, que xa non se di porque houbo unha invasión do “ai omá que rico” ou “quietas bragas!”, “está ben de salú”, “está un pokito bueno”, estas últimas xa son do meu dicionario particular pero marcan tendencia xD

Dejar una respuesta