- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Como se sinte un galego no exilio?
Estaba folleando o Sempre en Galiza, e atopeime cun incrible anaco co que me sentín identificado (salvando as distancias, evidentemente), e que me fixo pensar sobre como se pode sentir alguén no exilio. Despois dun pouco máis de 9 meses fóra de Galiza, non me chega o día de estar alí de novo; como se sentiría alguén que marchaba e sabía que non ía volver máis?
Para non enredar, o parágrafo, que Castelao sabe dicir as cousas mellor que eu:
“Escribo á luz dunha fiesta ensombrecida por un rañaceos. Nas moitas fiestras que descobro dende a miña vexo dramas, comedias e sainetes, que non me deixan enfiar as ideias. Poida que frente a min haxa checoslovacos, autríacos, polacos, finlandeses, xudeus, alemáns e doutros pobos e razas, que esborranchen coartelas para comporen libros acugulados de acusacións; pero estou seguro de que eles non adiviñan que á luz desta fiestra traballa un galego desterrado, con máis razón que eles para protestar. Ningún dos meus veciños de enfrente sabe que hai unha Patria que se chama Galiza, e non podo eisixirlles que adiviñen a miña eisistencia. Eu son fillo dunha Patria descoñecida, porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas. Perdeunos a modestia e o afán de bo parecer ante os demáis hespañoes, que nunca quixeron comprendernos. ¿Estamos aínda a tempo de comezar de novo? Estamos, polo menos, no comezo dunha nova etapa de loita pola Liberdade, e cicais conveña cancelar as vellas normas.”
Comezo do Libro II, escrito en 1940
3. Junio 2010 en 14:48
Vaia…
3. Junio 2010 en 15:36
Hai uns días rematei de ler o libro de Rosa Aneiros “Sol de inverno”. Na guerra civil a protagonista e familia fuxen de Galiza, salvando o pescozo. A parte do libro que relata o exilio en Cuba fala tamén do sentimento tan forte que é levar a patria contigo e a obriga de non esquecer nunca. O libro emociona moitísimo.
Semella que tés ganas de volver. Paréceme moi ben, ti nunca ías esquecer Galiza nen a todos nós.
3. Junio 2010 en 18:08
Precioso.
3. Junio 2010 en 20:12
O Día da Patria vas ter que ler Alba de Groria… Ou pasalo aquí, como vexas!
8. Junio 2010 en 15:15
Preciosa pasaxe… xa che queda pouco, ou que? cando voltas? eu o 22 aterrizo a media noite em Compostela… tamén me tarda!
Creo que estando fóra entendes moitas cousas que antes non alcanzabas a comprender. Eu creo que son máis galega que antes de marchar, unha aprende a gozar do que ten, da terra por exemplo, a 3000 quilómetros da Galiza.
un beixo, Adri. Cóidate e disfruta!
9. Junio 2010 en 20:17
@Laura: Non pasar o Día da Patría en Galiza vai ser unha merda, nen máis nen menos!
@Olalla: Totalmente de acordo, entedes moitas cousas estando fóra que nunca pensaches que serían así antes de marchar.
1. Julio 2010 en 00:01
Leín o mesmo libro que túa nai e ten razón.