Fotos Oriente (IV): Holguín e Gibara

O último post con fotos da viaxe a Oriente. Holguín é unha das provincias cubanas máis tranquilas, coñecida por ter un dos complexos hoteleiros máis importantes do país (Guardalavaca) e porque nela está Birán, o pequeno pobo onde naceu Fidel Castro. Eu non fun a ningún dos dous sitios, e só estiven na capital (Holguín) e en Gibara, un pequeno pobo mariñeiro, onde se estaba a celebrar o Festival de Cine Pobre.
Aquí estou eu na Loma da Cruz, un pequeno monte ás aforas de Holguín, cunhas vistas panorámicas impresionantes da cidade. Como o seu nome indica, tamén hai unha cruz por alí, que se puxo a finais do século XVIII para aliviar a sequía que se vivía no país. Non sei se aliviaron a sequía, pero xa vos digo que calor aínda fai de carallo. Para morrer!

Tomando algo con Rafael, o rapaz da beca que me invitou á súa casa en Holguín. Por favor, se algunha vez estades en Cuba, nunca, pero NUNCA, pidades un zumo sabor tomate. En serio, é o peor que se puido inventar nunca.

En Gibara, nun pequeno monumento a Camilo Cienfuegos, un dos meus personaxes históricos favoritos!

Esta foto non a tirei eu (xa me gustaría!). Con motivo do festival estábase a realizar unha exposición sobre o Sáhara, e tiñan colgada esta imaxe cuns textos de Eduardo Galeano.

Con Rafael e Yanetsy (nome típicamente cubano!) facendo o paiaso en Gibara

E este son eu con Yisell (dereita) e a súa irmá, con quenes nos atopamos en Gibara. Foi a incrible familia que me acolleu en Guantánamo durante un par de días despois de coñecelas en Santiago de Cuba na Universidade. Débolles un favor grande!

4 respuestas para “Fotos Oriente (IV): Holguín e Gibara”

  1. tuanai dice:

    Sinto o do zume de tomate. O que hai aquí está rico, cun pouquiño de sal e pementa.
    A foto do festival de cine nos campamentos saharauis é moi chula.
    Estás moi guapo.

  2. tuatia dice:

    Si que estás guapo meusobriño, ya me tarda darte un abrazo.
    Por cierto:El Rápido, se ve en una nevera dónde estáis tomando algo ¿es el nombre de unos helados? me choca con el carácter más bien parsimonioso de la gente ¿no?

  3. Outes dice:

    @tuatia: El Rápido é o nome desas cafeterías. Supón a antítese do seu ritmo de vida, efectivamente

Dejar una respuesta