Alexandr Chayánov

Perdido entre a miña pequena biblioteca, o outro día atopei un libro que merquei na Feira do Libro, adicada a Rusia, fai uns meses. É unha historia curta para nenos, e ía comezar a lela cando me atopo ca biografía do autor, Alexandr Chayánov. Aquí queda para vós:
Alexandr Vasílievich Chayánov (1888 - 1937), científico ruso de grande prestixio, economista agrario, autor dunha teoría orixinal da cooperación agrícola e da organización da sociedade sobre a base do traballo do campesiñado.
Entusiasta e moi consecuente nas súas ideas, destacouse dende moi xoven; no momento da Revolución xa era un estudioso recoñecido e ocupou cargos importantes nas universidades e institucións de ciencias agrícolas durante os primeiros anos postrevolucionarios. Pero dende a metade dos anos 20 os seus conceptos comezaron a irritar ás autoridades, xa que, segundo elas, o papel reitor na sociedade só o podía ter o proletariado e a agricultura debía ser totalmente colectivizada, mentres que Chayánov, baseándose nos seus amplos estudos, explicaba que os campesiños, agrupados en cooperativas de mediano tamaño, asistidos por especialistas en agronomía e recibindo ingresos xustos pola súa dura labor, eran o pilar imprescindible para o desenvolvemento económico de calquera país.
Desgraciadamente, naqueles decenios as diverxencias teóricas non se resolvían discutindo senon dunha maneira moito máis radical. As ideas de Chayánov foron consideradas pequenoburguesas e, por consecuencia, antisoviéticas. Foi arrestado en 1930 e condeado a cinco anos de traballos forzados; en 1937 foi detido de novo, “xulgado” e fusilado. […]
-1 para Stalin!

5 respuestas para “Alexandr Chayánov”

  1. Duarte dice:

    E aí comeza o mal endémico do comunismo ortodoxo…

    Por certo, un saúdo, que hai moito que non comento! Iso si, non perdín unha soa actualización! Aprendín moitísimo co teu blog!

  2. Jose dice:

    Existen circusnstancias nas que a política vese sometida o poder. Os gobernos, a quen máis temen, é a argumentación,a palabra. Onde están os nosos pensadores, os nosos filósfos, a xente de esquerdas…..os verdadeiros “socialistas”, todos sometidos ou o poder do goberno, ou a oposición. A tiranía do poder chega ata a facer cambiar unhas teorías políticas, por outras incluso da oposición.

  3. Victor Giadas dice:

    -100 para Stalin ainda así o autor ten que molar

    como se chama o libro??

    Saudos

  4. Tirso dice:

    Está interesante, moito! Aínda fai pouco tiven unha pequena charla-discusión sobre ese tema, o da cooperativización fronte a “proletarización” do campesiñado nunha economía de base socialista. Dende o meu punto de vista historicamente non se soubo adaptar dende o socialismo ós agricultores e gandeiros quizais en parte por iso, pola excesivo peso industrial no movemento revolucionario. en fin, saúdos Adri! ( e -1 para Stalin tamén)

  5. Outes dice:

    @Duarte: Menos mal que ías postear en todas as entradas…Alédome de saber de ti!
    @Victor Giadas: “Las inverosímiles aventuras del Conde Fyodor”, creo que era o título
    @Tirso: Ese tema é interesantísimo, que os asalariados campesiños traballen igual que na industria…E xeralmente se cometeron moitos erros ó longo da historia. Eu estou ca cooperativización, porque a produción agraria non pode centralizarse, que a toma de decisións ten que ser rápida e concreta dadas as particularidades do sector (sobre todo en relación ó clima), non como na industria, onde se poden levar a cabo cadeas de produción relativamente estables…Iso de que o peso relativo das masas campesiñas era menor é ben certo, e iso é un problema, pero é o que pasa por ser dogmáticos, que como no Manifesto Comunista se di que o campesiñado é unha clase reaccionaria, pois ten que ser así! De feito, Cuba é o caso contrario, onde as masas campesiñas foron o puntal revolucionario, e por eso non houbo os problemas da URSS nos 30. Outro saúdo para ti!

Dejar una respuesta