Archivo para 11. Junio 2010

Choiva en Cuba

Onte (10 de Xuño) foi o 30º día que vexo chover en Cuba (si, conteinos). É incrible a cantidade de tempo que se pode estar neste país sen que chova. Se algo me chama a atención do clima (a parte de que te derrites pola rúa do calor), é a forma que hai aquí de chover: igual non ves auga en 3 semanas, e un día así sen máis núblase en 10 minutos, chove que parece que vas afogar durante media hora, e nunha hora volveu sair o sol e xa está todo seco de novo. Os cambios de tempo son rapidísimos, e case non hai tempo para darse conta. Acostumados a que chova durante días seguidos en Galiza, aquí a cousa é totalmente diferente.
Ademáis, aquí non existe iso de que chova miudiño. Se cae, cae ben. Este ano non houbo ciclóns (o cal é bo), así que non vivín ningún, pero sí que pasaron algunhas tormentas, e poucas veces vin chover tanto. Os raios caen sen parar e ves como se ilumina o ceo cada 7 ou 8 segundos (contados!) durante o tempo que dura o temporal, algo espectacular.
Cousas de vivir nunha illa cun clima tropical!

|