- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Choiva en Cuba
Onte (10 de Xuño) foi o 30º día que vexo chover en Cuba (si, conteinos). É incrible a cantidade de tempo que se pode estar neste país sen que chova. Se algo me chama a atención do clima (a parte de que te derrites pola rúa do calor), é a forma que hai aquí de chover: igual non ves auga en 3 semanas, e un día así sen máis núblase en 10 minutos, chove que parece que vas afogar durante media hora, e nunha hora volveu sair o sol e xa está todo seco de novo. Os cambios de tempo son rapidísimos, e case non hai tempo para darse conta. Acostumados a que chova durante días seguidos en Galiza, aquí a cousa é totalmente diferente.
Ademáis, aquí non existe iso de que chova miudiño. Se cae, cae ben. Este ano non houbo ciclóns (o cal é bo), así que non vivín ningún, pero sí que pasaron algunhas tormentas, e poucas veces vin chover tanto. Os raios caen sen parar e ves como se ilumina o ceo cada 7 ou 8 segundos (contados!) durante o tempo que dura o temporal, algo espectacular.
Cousas de vivir nunha illa cun clima tropical!
11. Junio 2010 en 20:14
30 veces…
Mimá! Se nos ponhemos a contar as veces que chove aquí… Hehehe!
De tódolos xeitos unha tormenta ahí ten que ser espectacular.
Non probaches a sacar fotos ós lóstregos?
12. Junio 2010 en 00:04
si, saes a dar unha volta cun día cojonudo e cando levas 10 minutos empeza alguén a botar caldeiros e acabas indo medio descalzo polo Vedado pq resbalas nas chanclas ou valas perdendo. Pónseche unha cara de tonto que flipas xD