Comeza o mundial de fútbol

Aínda que cun pouco de retraso, tiña que facer mención ó mundial de fútbol, polo que se está vivindo en Cuba. Nun país coma Cuba, no que se potencia tanto o deporte, era evidente que ía espertar bastante interese. Cuba é unha potencia deportiva, pero se hai un deporte no que a súa selección non gaña, é no fútbol. Despois de quedar eliminado na clasificatoria de Centroamérica e o Caribe (só lle gañou a Trinidad y Tobago, perdendo incluso cas Bahamas), os cubanos foron amoldándose á situación e elixindo equipos ós que apoiar para o mundial. A competitividade deportiva neste país é horrible (de feito tiven problemas xogando tanto fútbol como baloncesto porque o toman demasiado a peito), e a todo o mundo lle encanta que o seu equipo gañe, así que o normal é que a xente sexa de Arxentina ou Brasil, por eso de ser latinoamericanos, ou de España. Despois sempre atopas algún despistado de Inglaterra ou Italia, pero polo xeral sempre apoian esos 3 equipos. As discusións que se montan son unha pasada, e todo o mundo está pendente do que pasa, aínda que non teñan nin idea de fútbol. Podes atopar xente que sabe as aliñacións de todos os equipos, pero despois hai xente que fala por falar (un díxome que Oliver Kahn tiña “sesenta y pico de años”!)

Tamén se ven moitísimos nenos pola rúa xogando fútbol, cando fai un par de meses todos estaban xogando pelota, cando era a fase final da liga cubana. Aquí as cousas van por rachas!
Así que nada, pola miña parte, e aínda que hoxe tivemos o primeiro revés contra Brasil, espero que a República Popular Democrática de Corea chegue o máis lonxe posible!

2 respuestas para “Comeza o mundial de fútbol”

  1. Nune dice:

    A tope con Corea!!
    Eu quedei morta cando marcou Elano por Brasil… Coitado, que nome lle puxeron… xD

  2. Nune dice:

    A todo isto… Espanha cero.
    Ghanou a vaca de Milka a falta de xoghar a Marela.

Dejar una respuesta