Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog de Julio, 2010.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para Julio 2010
Centro Galego da Habana
16. Julio 2010 by Outes.
Este é o edificio do Antigo Centro Galego na Habana, agora o Gran Teatro da Habana, onde se interpretou por primeira vez o Himno Galego

Publicado en Fotos, Historia de Cuba | 4 comentarios »
Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
12. Julio 2010 by Outes.
Despois de falar do transporte urbano, agora toca a parte do transporte interprovincial. Os medios usuais de transporte son de novo o autobús, e o avión.
En canto ó avión, é un medio de transporte relativamente sinxelo de utilizar polo subsidiado que está nos prezos. Os pasaxes en avión custan só un 10 ou un 20% máis que os de autobús, así que compensa enormemente utilizalo. A política estatal dende 1959 foi potenciar aeroportos en todas as provincias para o movemento interno, así que dende a Habana podes chegar en avión a calquera cabeceira de provincia. Os prezos non pasan as 200 pesos en moeda nacional (8€) para viaxar dende a Habana a Santiago de Cuba, o recorrido máis longo. Os problemas son a escaseza de voos programados. Como é tan barato, a inmensa maioría de xente proba a viaxar en avión antes de ir en guagua, así que as reservas chegan a facerse con 2 ou 3 meses de antelación, cando xa se rematan os billetes. Como comentara nun post de cando fun a Santiago de Cuba, a inmensa maioría de avións de Cubana de Aviación que fan desplazamentos nacionais son rusos sen moita capacidade de pasaxeiros.
Por outra banda, temos as guaguas, que tamén fan recorridos cara todas as cabeceiras de provincia. Os modelos son Yutong bastante cómodas e relativamente novas, así que estas viaxes tampouco se fan moi pesadas (recorda a viaxar en Castromil!). O curioso de viaxar en guagua é como se mercan os billetes. Hai dúas formas:
a) Mercando o pasaxe: Como nós estamos acostumados, hai que ir á estación, pagas a pasaxe e xa está. As peculiaridades disto en Cuba son que por unha banda tes que mercar o billete como 3 semanas antes, porque tamén hai problemas co exceso de demanda, e por outra que a burocracia ás veces é tan asquerosa que tes que estar 3 ou 4 horas de cola en cola para poder mercalo.
b) Lista de espera: A forma máis rápida para viaxar, pero tamén a máis arriscada. Como moitas veces hai xente que merca a pasaxe pero despois non vai no autobús, o que se fai é encher esas prazas con xente que está esperando na estación, apuntada na “lista de espera”. Entón ti chegas, anótaste na lista para onde queiras viaxar, danche un número e cando che toque inclúenche na guagua que está por saír. O bo deste sistema é que viaxas cando queres, pero arríscaste a quedar tirado un tempo até que chegue o teu número. Eu tiven sorte nun par de ocasións (por exemplo, en Santa Clara saín en menos de 15 minutos dende que me apuntei), pero a veces tamén me tiven que tragar tempo tirado na estación (en Holguín estiven 35 horas). A cuestión da lista de espera é que moitas veces saen guaguas “extra” para acelerar as listas de espera e suavizar a cantidade de xente que se apunta, pero ninguén sabe nunca cando saen estas guaguas, así que estás a expensas de que apareza algo…
Os prezos son semellantes ós do avión, un pouquiño máis baratos: a Santiago de Cuba dende a Habana non chega a 180 pesos moeda nacional (6€ - 7€), e a provincias cercanas non chega ós 100 pesos (4€)
Outro xeito usual que se utiliza para viaxar é “facer botella” (como se lle chama aquí a facer dedo). Hai puntos nas carreteras onde a xente espera a que o recollan. Xeralmente pagas moito menos a algún particular, e como os carros estatais por lei teñen a obriga de parar se alguén fai auto-stop, pode que incluso viaxes gratis.
Tamén se estila viaxar en camión, en especial nas pronvincias orientais, onde o transporte ten máis deficiencias. O bo dos camións é que hai moitísimos, así que podes moverte sen ter que facer colas ou esperar moito, pero viaxas sen as comodidades da guagua. Ademáis é moitísimo máis barato, así que remata por compensar usalos.
Publicado en Vida en Cuba | 3 comentarios »
Medios de transporte (I): Transporte urbano
6. Julio 2010 by Outes.
Xa dixera que ía escribir sobre os medios de transporte en Cuba, e desta por fin me animei. É un tema bastante interesante (sobre todo vivilo), así que a ver se fago un par de artigos sobre iso.
Fai un tempo lin por algún lado que en Cuba existe un coche por cada 26 habitantes, unha das medias máis baixas do planeta. Polo tanto, é evidente que se necesita un bo e amplo sistema de transporte público. Hoxe falarei do transporte urbano, e despois xa falarei dos viaxes a longas distancias. Podedes imaxinar o que é mover máis de 11 millóns de persoas sen practicamente contar con transporte privado, e cun plan urbanístico en todas as cidades que busca evitar aglomeracións, polo que non existen “centros” na cidade, o que evita atascos, pero incrementa as distancias que hai que percorrer en calquera dirección. En especial a Habana, con máis de 2 millóns de habitantes, necesita de moitísimo transporte para poder satisfacer as necesidades.
Publicado en Vida en Cuba | 6 comentarios »
Posts do mes de Xullo
5. Julio 2010 by Outes.
Como algúns de vós xa sabiades, finalmente volverei para Galiza o día 3 de Agosto, así que me queda en Cuba pouco menos dun mes. Durante este tempo gustaríame que a xente que ten inquedanzas sobre o país, ou simplemente quere informarse de calquera tema, postee aquí para dicirmo, ou ben me envíe un correo a outes.blk@gmail.com, para así escribir sobre eses tópicos.
Publicado en Blog | 3 comentarios »
Viaxe a Las Tunas
1. Julio 2010 by Outes.
Pido disculpas por estar 6 días sen dar sinais de vida, pero aproveitei un fin de semana libre que se me presentou para ir a Las Tunas, unha das provincias orientais do país, durante uns días.
Cidade tranquila e un bo sitio para descansar e poder estudar sen molestias
Publicado en Viaxes | 6 comentarios »
