- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Medios de transporte (I): Transporte urbano
Xa dixera que ía escribir sobre os medios de transporte en Cuba, e desta por fin me animei. É un tema bastante interesante (sobre todo vivilo), así que a ver se fago un par de artigos sobre iso.
Fai un tempo lin por algún lado que en Cuba existe un coche por cada 26 habitantes, unha das medias máis baixas do planeta. Polo tanto, é evidente que se necesita un bo e amplo sistema de transporte público. Hoxe falarei do transporte urbano, e despois xa falarei dos viaxes a longas distancias. Podedes imaxinar o que é mover máis de 11 millóns de persoas sen practicamente contar con transporte privado, e cun plan urbanístico en todas as cidades que busca evitar aglomeracións, polo que non existen “centros” na cidade, o que evita atascos, pero incrementa as distancias que hai que percorrer en calquera dirección. En especial a Habana, con máis de 2 millóns de habitantes, necesita de moitísimo transporte para poder satisfacer as necesidades.
En 1989 comezouse un proxecto de construcción de metro na Habana, que nunca chegou a realizarse pola caída do Campo Socialista. Aínda hoxe se poden ver algúns lugares onde xa se comezara a excavar, e que na actualidade siguen como daquela.
Así, e despois da desactivación do tranvía (creo que nos anos 20), o único medio real que queda é o do autobús urbano. Despois da caída do Campo Socialista, tomouse a medida de dar bicicletas á xente para que se puidese mover (só na Habana repartíronse máis de 300.000), como solución á falta de petróleo e de pezas de recambio nos modelos rotos, pero a medida nunca chegou a ter moito éxito porque non lle podes dicir a un traballador que ande 2 horas na bicicleta e despois traballe outras 8.
Polo tanto, son as guaguas as que rematan por resolver o problema (complementado cos taxis privados, dos que falarei despois). A gama de guaguas que podes atopar é realmente espectacular. O sistema de liñas está organizado con 16 liñas principais (P1, P2, P3…), onde todas as guaguas son Yutong (a empresa china que na actualidade provee a Cuba de autobuses) articuladas. Son unhas guaguas enormes, onde poden entrar igual máis de 150 persoas ben apretadiñas. O resto de liñas (que non sei cantas son, pero son moitas), teñen modelos diferentes, xeralmente tamén Yutong, pero non articuladas, polo que entra menos xente. O prezo por viaxe é de 0.40 pesos en moeda nacional, aproximadamente medio céntimo de €.
A frecuencia das liñas é bastante boa, os P deben pasar cada 15 minutos en horario normal e cada 10 en horario pico, e as outras liñas teñen frecuencia varibel, que pode chegar a ser de máis dunha hora. Sen embargo, o da frecuencia é relativo, porque moitas veces os conductores fan o que lle dá a gana e non pasan cando deben. A primeira vez que vin como un conductor de P5 baixaba da guagua para TOMAR UN CAFÉ quedei impresionado, pero xa me pasou máis dunha vez. É de vergonza, pero aí se ve a baixa produtividade do traballo que hai no país, e mentres non se resolva iso, mal andamos. Claro, despois de tomar café entre eles e cousas así, igual esperas unha liña durante media hora e despois pasan 3 P1 á vez, adiantándose uns ós outros.
Agora, estas non son as únicas guaguas que existen. Todos os estudantes non universitarios teñen autobuses especiais para ir a clase (os típicos buses yankis que saen nos Simpsons), que se non me equivoco reciben de Canadá. Tamén os traballadores teñen en moitos casos ómnibus para ir ó traballo.
Despois diso, a gama de autobuses que podes ver é incrible: dende donacións de Concellos de outros países (vin varias guaguas holandesas, e incluso unha catalana que aínda marcaba o seu percorrido por Barcelona), até múltiples variedades de autobuses que parecen sacados da II Guerra Mundial. Tipos de guaguas raras:
Giron VI: Modelo do ano da pera, pero que incriblemente sigue funcionando. Son guaguas relativamente pequenas e cuadriculadas (a demostración definitiva de que viñan do bloque socialista), pero que funcionan até as últimas consecuencias. Unha vez montei nunha que tiña un burato do tamaño do meu pé no pasillo por onde se vía a carretera. Non sei como, pero aínda se movía.
Aspirina: Un dos modelos máis antigos que aínda vin circulando. É moi raro velo en cidades, porque son substituídas por Yutong, pero de cando en vez atopas reliquias así. Non sei o modelo, pero o nome venlle porque seica tembla tanto que saes con dor de cabeza. Nunca montei nunha, así que non o podo confirmar.
Camello: A primeira solución en guaguas que se deu ó transporte no Periodo Especial. Chámanse así porque teñen forma de camello, dentro da guagua hai unhas escaleiras cara arriba diante e atrás que lle dan a forma á carroceria de 2 xorobas. Son uns bichos enormes de metal tosco, dignas de ver. Xa están desterradas das cidades, e só se usan para o transporte entre pobos pequenos, porque a comodidade dentro é mínima, cercana a nula.
Outras: Aquí están todas as demáis, como donacións ou cousas que non sabes de onde saíron e parecen caseiras. Farei post de fotos!
Estas son basicamente todas as guaguas que podes ver para o transporte urbano (camellos, aspirinas, Girón, guaguas de traballadores e estudantes, e 3 modelos de Yutong). Agora, como nalgúns momentos as liñas colapsan (como por exemplo as 7:30 da mañá, onde todos os universitarios esperamos o autobús), existe un “mercado negro” no transporte: Algúns conductores de guaguas de traballadores, estudantes, ou o que lle coincida, despois de realizar as súas viaxes, collen a ruta dalgunha guagua (por exemplo, P1, que sempre vai chea), e cobran o seu uso a 1 peso moeda nacional (2.5 veces máis o prezo real, como 3 céntimos de €), quedando con todo o recadado, que non é pouco. Así pagan o sobreuso de gasolina por fóra da empresa a que está asociada a guagua, e sacan un “extra”. Evidentemente, é incorrecto que se faga iso, pero hai que dicir que menos mal que pasan estas guaguas de vez en cando, porque se non igual estás fodido para chegar a tempo.
Por outra banda, e deixando as guaguas de lado, tamén podes utilizar carros privados que funcionan como taxis. A isto chámaselle “máquina” ou “almendrón”, porque xeralmente son os modelos de coche máis antigo que podes ver. Parece que estás nos anos 50 cando te metes nun Chevrolet de fai 60 anos, pero que aínda funciona. O seu prezo é de 10 pesos moeda nacional (35 céntimos de €), e o seu funcionamento é do máis curioso: ti paras ó lado da carretera, e cando vexas un carro antigo, levantas a man facéndolle sinais. Como sabes se é un taxi ou se o probe do conductor vai de paseo? Non o sabes. Se para, todo ben, se non para, pois non parou. Algúns levan letreiriños que poñen “taxi” en pequeno, pero polo xeral son os menos. Levan rutas preestablecidas, entón cando para ó teu carón ti preguntas: “pasas por Coppelia?” ou “vas para a Habana?”. Se di que si, montas e todos felices, e se non vai por alí, o máis probabel é que arranque sen máis. Tamén é un medio de transporte que resolve bastante á xente, pero que non todo o mundo pode pagar habitualmente.
E así vai funcionando o transporte urbano. Polo xeral, e despois de viaxar algo pola illa, o problema do transporte urbano está máis ou menos resolto nas cidades medianas e pequenas, pero na Habana aínda queda moito por camiñar
6. Julio 2010 en 17:04
No disco “En concierto” de Frank Delgado, na intro de Utopías fala de cando traen un millón de bicicletas de China durante o Periodo Especial. Non ten moi boa impresión delas. xD
6. Julio 2010 en 19:44
Y no fuiste tú quien dijo que no se debían usar las mayúsculas, EN QUÉ QUEDAMOS!!!!!
un beso
6. Julio 2010 en 20:01
Fuera de la capital, es decir, en las pequeñas ciudades, sobre todo en el Oriente del país, se utiliza otro medio de transporte muy común: “los coches”, y no me estoy refiriendo a los autos. Un “coche” es un caballo que hala de una carreta en la que caben alrededor de 5 a 8 personas, dependiedo del tamaño. En La Habana existen, pero no se utilizan como medio de trnasporte sino que están destinados para pasear por el casco histórico de la ciudad y es bastante caro. Los extranjeros lo disfrutan mucho.
6. Julio 2010 en 23:41
Algún bus foi donado por Barcelona e non sei se hai algún daquí.
Nos o primeiro día pillamos un bus pra ir ao hotel porque xa andabamos algo coa lingua de fóra pero pasáronnos dúas cousas moi curiosas: a primeira foi que o conductor non nos quixo cobrar nada, eu supoño que por ser turistas e non poder pagar en peso, polo que deduzo, que fixemos mal subíndonos; a outra foi que o tipo da recepción do hotel kedou dunha peza cando lle dixemos que volveramos en bus. Para nos foi a cousa máis normal do mundo, vimos un e collímolo pero non sei como funciona iso co tema do turismo.
15. Julio 2010 en 11:13
una vez hablaba con un amigo sobre el transporte publico en cuba, y llegamos a la conclusion de que era caro.
suponiendo el salario medio cubano es de 300 pesos
y 20 viajes como minimo al mes, que es solamente una cota inferior, se gastarian 16 pesos si van en uno de los P.
0,40*2=0,80
0,8*20=16 pesos
16/300 aproximadamente un 5%.
otra cosa: en cuba es muy dificil conseguir cambiar a monedas cubanas no convertibles, muchas veces, incluso en los P, terminas dejando el peso entero porque no te cambian, tienes que dar el precio exacto.