Ha accedido a los OutesTech archivos del weblog del día 12. Julio 2010.
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo para 12. Julio 2010
Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
12. Julio 2010 by Outes.
Despois de falar do transporte urbano, agora toca a parte do transporte interprovincial. Os medios usuais de transporte son de novo o autobús, e o avión.
En canto ó avión, é un medio de transporte relativamente sinxelo de utilizar polo subsidiado que está nos prezos. Os pasaxes en avión custan só un 10 ou un 20% máis que os de autobús, así que compensa enormemente utilizalo. A política estatal dende 1959 foi potenciar aeroportos en todas as provincias para o movemento interno, así que dende a Habana podes chegar en avión a calquera cabeceira de provincia. Os prezos non pasan as 200 pesos en moeda nacional (8€) para viaxar dende a Habana a Santiago de Cuba, o recorrido máis longo. Os problemas son a escaseza de voos programados. Como é tan barato, a inmensa maioría de xente proba a viaxar en avión antes de ir en guagua, así que as reservas chegan a facerse con 2 ou 3 meses de antelación, cando xa se rematan os billetes. Como comentara nun post de cando fun a Santiago de Cuba, a inmensa maioría de avións de Cubana de Aviación que fan desplazamentos nacionais son rusos sen moita capacidade de pasaxeiros.
Por outra banda, temos as guaguas, que tamén fan recorridos cara todas as cabeceiras de provincia. Os modelos son Yutong bastante cómodas e relativamente novas, así que estas viaxes tampouco se fan moi pesadas (recorda a viaxar en Castromil!). O curioso de viaxar en guagua é como se mercan os billetes. Hai dúas formas:
a) Mercando o pasaxe: Como nós estamos acostumados, hai que ir á estación, pagas a pasaxe e xa está. As peculiaridades disto en Cuba son que por unha banda tes que mercar o billete como 3 semanas antes, porque tamén hai problemas co exceso de demanda, e por outra que a burocracia ás veces é tan asquerosa que tes que estar 3 ou 4 horas de cola en cola para poder mercalo.
b) Lista de espera: A forma máis rápida para viaxar, pero tamén a máis arriscada. Como moitas veces hai xente que merca a pasaxe pero despois non vai no autobús, o que se fai é encher esas prazas con xente que está esperando na estación, apuntada na “lista de espera”. Entón ti chegas, anótaste na lista para onde queiras viaxar, danche un número e cando che toque inclúenche na guagua que está por saír. O bo deste sistema é que viaxas cando queres, pero arríscaste a quedar tirado un tempo até que chegue o teu número. Eu tiven sorte nun par de ocasións (por exemplo, en Santa Clara saín en menos de 15 minutos dende que me apuntei), pero a veces tamén me tiven que tragar tempo tirado na estación (en Holguín estiven 35 horas). A cuestión da lista de espera é que moitas veces saen guaguas “extra” para acelerar as listas de espera e suavizar a cantidade de xente que se apunta, pero ninguén sabe nunca cando saen estas guaguas, así que estás a expensas de que apareza algo…
Os prezos son semellantes ós do avión, un pouquiño máis baratos: a Santiago de Cuba dende a Habana non chega a 180 pesos moeda nacional (6€ - 7€), e a provincias cercanas non chega ós 100 pesos (4€)
Outro xeito usual que se utiliza para viaxar é “facer botella” (como se lle chama aquí a facer dedo). Hai puntos nas carreteras onde a xente espera a que o recollan. Xeralmente pagas moito menos a algún particular, e como os carros estatais por lei teñen a obriga de parar se alguén fai auto-stop, pode que incluso viaxes gratis.
Tamén se estila viaxar en camión, en especial nas pronvincias orientais, onde o transporte ten máis deficiencias. O bo dos camións é que hai moitísimos, así que podes moverte sen ter que facer colas ou esperar moito, pero viaxas sen as comodidades da guagua. Ademáis é moitísimo máis barato, así que remata por compensar usalos.
Publicado en Vida en Cuba | 3 comentarios »