Archivo de la Blog categoría

Novo blog sobre Cuba!

Como ben a maioría xa sabedes, fai máis dun mes que estou de volta. Non hai moito que comentar sobre Cuba estando xa na casa, así que deixo a dirección do blog do compañeiro Xabi, que comeza a andaina que eu rematei fai 30 días:

http://xabivillares.blogspot.es/

Sen máis (e se aínda alguén lía esto), desexar moita sorte a Xabi na aventura, e agradecer a todos os lectores deste humilde blog a súa participación.

Rematei os exames!

Yujujuuu!

Posts do mes de Xullo

Como algúns de vós xa sabiades, finalmente volverei para Galiza o día 3 de Agosto, así que me queda en Cuba pouco menos dun mes. Durante este tempo gustaríame que a xente que ten inquedanzas sobre o país, ou simplemente quere informarse de calquera tema, postee aquí para dicirmo, ou ben me envíe un correo a outes.blk@gmail.com, para así escribir sobre eses tópicos.

Problemas no teclado

A semana pasada tiven problemas co teclado do portátil (que xa puiden arreglar conseguindo outro teclado), polo que me retrasei un pouco contestando correos e non posteei durante uns días. Creo que xa lle respostei a case todo o mundo que me escribira durante a semana pasada, pero se se me quedou alguén, durante estos días rematarei de poñerme ó día cos correos. Síntoo!

Por fin de volta na Habana!

Quince días despois de sair, rematou o meu minitour polo Oriente cubano! Finalmente 8 días en Santiago de Cuba, 2 en Guantánamo e outros 3 en Holguín.
Cheguei o Domingo pola mañá, tiven que pasar 36 horas na terminal de omnibus, 12 horas de viaxe en guagua, e cando cheguei á beca non tiñamos ascensor, así que tiven que subir os 16 pisos ca mochila e unha caixa de 10 kilos de comida, así que aínda estou un pouco encabronado.
Hoxe prometo poñerme a respostar os correos que teño pendentes, e a ver se subo algunhas fotos da viaxe. Se tardo uns días nos correos, pido disculpas, pero estou atrasadísimo nas clases e teño que poñerme ó día!

Breve saudo dende Santiago de Cuba

Dez dias despois de terme conectado por ultima vez, aqui estou de novo (sen til, pero aqui estou!). En Santiago todo saiu a perfeccion, nestos momentos estou case marchando para Guantanamo cunha amiga que fixen no evento da ONU. Estarei ali ate Martes, que marcho para Baracoa (tamen na provincia de Guantanamo). Despois esperanme outros 2 dias en Holguin, e daqui xa volvo para A Habana.

Non contestei correos (tampouco e que recibira moito…), porque levo unha semana de tolos, onde durmin realmente pouco.  A ver se cando estea en Baracoa actualizo algo con fotos, que me estivestes pedindo ultimamente. Fun a praia un par de dias, asi que collin un pouco mais de cor…:D

XGN ‘10

Un saúdo á xente que anda pola XGN’10!!

Aviso: Artigos sobre Cuba

Agradecería profundamente que a xente que atope artigos por Internet sobre Cuba (en especial aqueles que saian en xornais de gran tirada nacional / estatal) os publique aquí ou mos envíe por correo electrónico (outes.blk@gmail.com). Pareceume bastante produtivo o post sobre os artigos de Xornal e El País, e a min sírveme para contrastar algunhas informacións.
Graciñas

Parabéns e bo ano!

Dende Cusco, un saúdo a todos os lectores deste blog, pasádeo ben, disfrutade o ano e blablabla todas as cousas que se din un 31 de Decembro!

Dende o Perú!

Como algúns xa sabiades, decidín facer unha pequena escapada de Cuba este Nadal, e onte recibiume a terra de Mariátegui, por onde vou estar os próximos 15 días.
Posiblemente vexa reducida (aínda máis) a miña actividade no blog, pero tentarei polo menos subir algunhas fotos e un pouco de información sobre un dos últimos reductos neoliberais do Sur de América.
A xente que me escribe correos, xa vistes que agora estou contestando menos que de costume. Tiven bastante actividade na Facultade e na beca a última semana (engadido ós preparativos da viaxe) polo que case non puiden conectarme (teño pendente un post sobre Internet en Cuba, prometido!), de aquí os retrasos. Como tampouco trouxen o portátil vai ser case imposible que conteste correos nos próximos 20 días.
O que sí, espero polo menos poder ler as novas que me ides mandando.
Un saúdo moi forte e boas vacacións para todos!