Está visitando los archivos de la categoría Cine.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (15)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
- 9. Febrero 2010: Cuartelería
Blogroll
Archivo de la Cine categoría
Clandestinos
23. Noviembre 2009 by Outes.
Fai xa un tempo vin a película Clandestinos, unha produción cubana sobre a loita levada a cabo nas cidades durante a loita da Guerrilla en Sierra Maestra. Moitas veces esta loita resulta olvidada, tendo expoñentes tan importantes como Echeverría (presidente das FEU) ou Frank País (líder do movemento clandestino en Santiago de Cuba, e principal proveedor de armas e reforzos ós guerrilleiros), ambos asasinados antes do triunfo revolucionario.
Todos os personaxes da película son ficticios, pero sí se representan accións reais (especial mención ó salto a un terreo de baseball cunha enorme pancarta contra Batista, unha acción con moitísima repercusión social no momento). É unha perfecta mostra de como era a sociedade cubana de finais dos 50 en medio dunha ditadura fascista e un estado policial. Moi interesante pola representación da calidade de vida media do povo cubano, así como as condicións nas que operaban os grupos revolucionarios nas súas accións. Tamén destacada importancia á actitude da policía, de xeito moi realista, se se ve a cantidade de fusilados que houbo durante a tiranía batistiana.
Filme obrigatorio para coñecer a historia revolucionaria en Cuba.
Publicado en Cine, Historia de Cuba | Ningún comentario »
Ciclo de cine: Os últimos 70 anos de guerras
9. Octubre 2009 by Outes.
Estos últimos 7 días estiven indo ó Chaplin a ver o ciclo de cine: “Los últimos 70 años de guerras vistos por el cine”. 2 películas diarias durante case 2 semanas no propio cine Chaplin.
O cartel moi variado: dende películas feitas nos anos 40 até producións actuais, de diversos países. Destacar películas como Stalingrado (produción alemana baseada na batalla de Stalingrado, a través das vivencias de soldados alemáns. Moi interesante por dar a perspectiva alemana), Enemigo a las puertas (tamén na batalla de Stalingrado, xa un clásico do cine bélico, narra a historia do francotirador Basile Zaitsev), Días de Gloria (o exército francés recluta soldados nas súas colonias, e 5 arxelinos integraranse ás súas filas. Unha interesante película sobre o racismo dentro das filas aliadas), El Puente sobre el Río Kwai (todo un clásico), etc.
Quería falar en particular dunha película que non coñecía: Amén. Unha coprodución de Francia, Alemania, Rumanía e Estados Unidos. Conta a historia dun soldado das SS con profundas conviccións relixiosas que, a comezos de 1936, desubre por casualidade os proxectos de campos de exterminio nazis. Intentará comunicarse por todos os medios con diferentes cargos da Igrexa, incluído o Papa, para lograr un comunicado que mobilice á poboación alemana fronte ó goberno.
Unha moi boa reprodución da posición que mantivo a Igrexa durante a II Guerra Mundial. A película tivo moitísima repercusión, e creouse unha importante polémica a raiz da posición que tivo a Igrexa unha vez presentado o filme.
Moi recomendable!
E para a semana, ciclo de cine soviético!
Publicado en Cine | 6 comentarios »
Fresa y Chocolate
28. Septiembre 2009 by Outes.
“Fresa y Chocolate” é unha das películas máis importantes do cine cubano, tanto no aspecto cinematográfico como na repercusión social que causou.
En pleno Periodo Especial [a partir do ano 93], un rapaz militante da Unión de Jóvenes Comunistas (UJC) coñece por casualidade a un homosexual nunha heladería. A partir deste momento surxe unha relación moi interesante entre eles, amosando cun grande realismo a situación dos homosexuais en Cuba: os problemas sociais ós que teñen que facer fronte e incluso persecución á que se vían sometidos (”Qué puedo hacer en Cuba y maricón?!”, chega a dicir o protagonista) Ver resto de la entrada »
Publicado en Cine | 2 comentarios »
Ciclo de cine indio
21. Septiembre 2009 by Outes.
Esta semana houbo no cine Chaplin un ciclo de cine indio. Como teño clases tamén pola tarde, non puiden ir a todas as películas, pero estiven por alí 2 días. O cine Chaplin adícase a poñer ciclos semanais: a semana pasada foi de cine mexicano (entereime o último día e por eso non puiden ir), e para a semana serán todo películas gañadoras de Globos de Ouro entre os anos 79 e 89.
As 2 películas que vin foron “Vamos, India!” e “Dhoom 2″. Espero que non todo o cine indio sexa así, porque deixaría moito que desexar! Unha pequena sinopse:
Vamos, India!: Un fracasado xogador de hockey consigue adestrar á selección nacional feminina, un equipo que nunca chega a nada. A misión é conseguir chegar ó Campeonato do Mundo e non quedar últimas.
Unha parvada de película, con algún detalle divertido, pero que non pode aportar moito máis.
Dhoom 2: Un ladrón adícase a roubar os tesouros máis preciados de diversos países. Pero un detective de Mumbai intentará impedirllo, comprando a unha ladrona para que traballe con el.
Esta película sí merece a pena vela. Se vos gustou Transporter, e queredes ver como se paran balas cun skate, ou como disfrazarte de Raíña de Inglaterra en 2 pasos, non podes perdela. Non sabía se rir ou chorar no cine, vaia 2 horas de tumor que pasei alí dentro.
O máis interesante de ir ó ciclo foi coñecer o propio cine e a actitude dos cubanos vendo películas.
O Chaplin só ten unha sala, pero que é enorme. As butacas son de bastante mala calidade, e non hai moito espacio entre unha persoa e outra para o reposabrazos. Faino moito máis interesante para ver como actúa a xente. A pantalla é a máis grande que vin nunca, e realmente pode chegar a ser acolledor.
Se dalgunha forma hai que definir ós cubanos no cine, é esta: non calan. Realmente desesperante estar nunha sala chea. A xente non para de rir, berrar, falar co que ten ó lado ou ca propia pantalla…Incluso hai quen fala polo móbil no medio da película! Non sei se era porque as 2 películas eran malas (estiven noutra película fai un par de días e a xente estaba máis calada), ou porque son así sempre. Para min foi un alivio que a xente as montara tanto, porque as películas deixaban que desexar, pero se se comportan así nunha boa película pode convertirse nun martirio estar alí dentro.
Un aspecto positivo é que practicamente todo o cine está en Versión Orixinal subtitulada. En caso de estar doblada o máis normal é unha doblaxe mexicana, e moi, moi poucas veces verás unha película en español de España (de feito, a xente normalmente comenta: “Esa película vina con acento español, que desastre!”. Non están acostumados, e nótase cada vez que falas diso!). No ciclo de cine indio todas as películas eran en indio subtituladas ó español (uns subtítulos bastante malos, por outra banda…); sen embargo nunha película franco-estadounidense que vin a semana pasada (en inglés) os subtítulos estaban perfectos.
Polo demáis, o prezo dunha entrada é de 2 pesos cubanos (ó cambio, 0.08€), polo que todo o mundo pode ir sempre que lle apeteza. De feito, moita xente vai só ver o principio, e se non lle gusta levántase e marcha. En Dhoom 2 máis de 20 persoas xa se levantaran antes de rematar os créditos do comezo.
Publicado en Cine | 1 comentario »