Está visitando los archivos de la categoría Educación.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (16)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 10. Marzo 2010: Cos meus amigos os morcegos
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
Blogroll
Archivo de la Educación categoría
HAVMUN 2010
19. Febrero 2010 by Outes.
A semana que vén (dos días 22 a 26) terá lugar o HAVMUN 2010, un encontro anual no que se crea un modelo da Organización das Nacións Unidas. Organizado pola delegación da ONU en Cuba, a UJC e a FEU, leva funcionando dende fai 15 anos. O sistema é simple, establécense diversas comisións como as da ONU (Seguridade, Asamblea Xeral, Dereitos Humanos e Economía & Sociedade), e unha serie de países participan nelas. Cada estudante representa unha delegación dun país nunha comisión determinada. Este servidor ocupará a honorable delegación da República de Sudán na Comisión de Economía e Sociedade, que ten como temas emprego pleno e traballo decente e trata de persoas. Como podedes ver, Sudán é un país marabilloso para ambos tópicos, así que esto promete ser divertido.
Na miña comisión somos 45 países, e 19 dos delegados virán de outras universidades, en especial dende países como México ou Ecuador.
As sesións son dende as 8 da mañá ás 3 da tarde, e ó sair posiblemente teremos que seguir traballando nas resolucións e enmendas, así que se a semana que vén estou un pouco perdido actualizando e contestando correos, mea culpa!
Publicado en Actos Oficiais, Educación | 1 comentario »
Materias segundo Semestre
16. Febrero 2010 by Outes.
Economía Política I
Economía Política III: construcción do Socialismo
Pensamento Económico Cubano
Economía Cubana II: 1990 - Actualidade
Relacións Económicas Internacionais
A actual crise estrutural do sistema do Capital
Publicado en Educación | 2 comentarios »
27 de Novembro: día polos Mártires de Medicina
5. Diciembre 2009 by Outes.
Dende fai xa unha semana tiña pendente este post, pero tiven un par de exames esta semana, así que tiven que deixalo para a fin de semana.
O 27 de Novembro conmemórase o fusilamento dos mártires de medicina. Este ano foi o 138 aniversario. É unha boa mostra do que era o imperialismo español
Que pasou o 27 de Novembro de 1871?
O día 23 de Novembro dese ano uns estudantes de primeiro ano de medicina foron a clase, e como non asistiu o profesor saíron xogar. Ó lado do centro de estudos atopábase o Cementerio de Espada, e estiveron na porta xogando cunha carretilla, e incluso un deles arrancou unha flor do xardín! [E a xente dirá: xogando cunha carretilla universitarios? Nesa época había estudantes que tiñan até uns 14 anos]. Facía uns días morrera o xornalista español Gonzalo Castañón nos Estados Unidos nun duelo cun cubano. Este xornalista resultaba ser un valuarte do colonialismo e a anexión total de Cuba por España. Así, as autoridades españolas de Cuba decidiron unha vinganza: deter a todos os alumnos que o día 23 de Novembro estiveran xogando na porta do camposanto, onde estaba soterrado Gonzalo Castañón, baixo o pretexto de que profanaran a súa tumba [É importante dicir que nunca se probou esta profanación, porque moitísima xente pensa o contrario] Un total de 45 estudantes foron detidos, só salvándose 3 ausentes ese día e un sanitario español que foi deixado en liberdade. Posteriormente serían liberados os dous fillos de españois que había na aula e dous cubanos que eran familia do propio xuiz.
Publicado en Actos Oficiais, Personaxes Históricos, Historia de Cuba, Imperialismo, Educación | 2 comentarios »
Como ve as loitas sindicais a mocidade cubana
4. Diciembre 2009 by Outes.
Nun seminario de Pensamento Económico Universal, falando sobre o descenso de salarios reais na teoría de Friedman, unha rapaza levanta a man e di:
A ver profe, cuando los trabajadores se dan cuenta de que pierden capacidad adquisitiva van a junto el líder del Partido Comunista y dicen “eh que nos están robando” y salen con pancartas y todo eso entonces los empresarios se juntan y dicen “tenemos que negociar que no producimos!” y se soluciona el problema!!
O resto da clase asentía ca cabeza
Publicado en Educación | 3 comentarios »
Festival Universitario da Lectura e o Libro
22. Noviembre 2009 by Outes.
A semana pasada celebrouse o FULL, Festival Internacional da Lectural e o Libro, organizado pola Federación Estudiantil Universitaria (FEU). Entre o 13 e o 17 de Novembro realizáronse actos no Pavellón Cuba, que incluían a presentación de libros, lecturas e concertos. Tamén se puxeron dúas librerías, unha con novidades e a outra só con libros de segunda man. Estiven por alí 2 días, e puiden ver os libros rebaixados de prezo: un libro que costaría uns 15 pesos (50 céntimos de euro), e que ca rebaixa costaba 4 pesos (16 céntimos de euro). O dos prezos dos libros é algo que aínda me parece incrible. Espero con moitas ganas a Feira do Libro, porque din que alí os prezos son de risa.
En canto ós concertos, puiden ver un par de grupos de latin jazz, que sonou parecido a Chucho Valdés, pero sen el no escenario. Tamén ía ir un grupo de rock serbio, pero perderon o avión en Venezuela e aplazouse o concerto. Ademáis, polas tardes había trova na cafetería (volvín ver a Adrián Berasatain, teloneiro de Manu Chao), e polas noites grupos de rock ou jazz tocando até que pechaba o local.
Publicado en Actos Oficiais, Educación, Libros | Ningún comentario »
Xogos Interano
3. Noviembre 2009 by Outes.
A semana pasada celebráronse os Xogos Interano da miña Facultade. Durante a fin de semana cedeuse o CEDER (o complexo deportivo da Universidade) para que alí Economía fixese campionatos de todos os deportes que considerasen.
Durante 2 días estívose xogando de forma ininterrumpida (todo o horario do estadio había actividades), en deportes como voleibol, baloncesto ou atletismo. Facíanse equipos por cursos (de aquí o de “interano”, evidentemente), e entre eles competían para ver que ano era o gañador.
Eu participei en baloncesto e fútbol. Xogando a baloncesto sentinme como se estivese en Harlem, sen dúbida. Os cubanos son xente baixiña, pero todos os que estaban alí resultaron ser a excepción no país. Todo tipos enormes que pesaban o doble que eu! E o único baixiño era unha fotocopia de Vin Diesel, así que tampouco resolvín moito…Polo demáis, moi divertido xogar alí. Bastante arrogantes (a veces parecía unha película por como se flipaban, pero bueno), pero sempre controlando de que non tivesen malos roios entre xogadores. Ademáis todo está organizado polas FEU, así que alí só estabamos estudantes para que todo funcionase correctamente.
As instalacións realmente eran bastante desastrosas: hai ventás rotas, así que se chove inúndase, e parece que cando toques algo vai romper. Sen embargo todo remata funcionando, e aínda que con deficiencias, podes facer algo de deporte cos teus compañeiros de Facultade.
Un evento moi interesante do que se debería tomar nota noutros lugares.
Publicado en Educación | 4 comentarios »
Asignación mensual
25. Octubre 2009 by Outes.
Xa me deron a miña primeira asignación mensual:
1 desodorante
Medio kg de deterxente para lavar a man
Un xabón para lavar roupa
2 xabóns para a ducha
1 coitela de afeitar
Unha pasta de dentes
Non é moito, pero polo menos os útiles de aseo xa non os tes que mercar.
Publicado en Educación, Residencia | 7 comentarios »
Acto de presentación das FEU
1. Octubre 2009 by Outes.
Hoxe, día 30 de Setembro, coincidindo co aniversario da chegada á Secretaría Xeral das FEU de José Antonio Echeverría, celebrouse o acto de presentación dos novos alumnos membros á Federación Estudantil Universitaria.
As FEU son a organización de masas máis antiga de toda Cuba. Todo estudante universitario pertence ás FEU por dereito, a cal ten as funcións de organización estudantil (fai charlas, pertence á Xunta de Goberno correspondente da Universidade, etc)
O acto realizouse na Praza do Campus universitario. Todos os alumnos de 1º ano (e os alumnos novos non de primeiro, como é o meu caso), reúnense alí por facultades, e entrégaselles o seu carnet das FEU. Este é o carnet que se utiliza como acreditación universitaria, non é que teñas outro da Universidade da Habana. Ver resto de la entrada »
Publicado en Actos Oficiais, Educación | 2 comentarios »
Sistema Cubano de Educación Superior
12. Septiembre 2009 by Outes.
Música: Os Diplomáticos de Montealto - Gaiteiro
Unha das cousas que máis me está chamando a atención sobre Cuba é o seu sistema de educación superior. É moi moi diferente ó Europeo en case todos os aspectos. Ver resto de la entrada »
Publicado en Educación | 4 comentarios »
Materias do Primeiro Semestre
4. Septiembre 2009 by Outes.
Música: Dios Ke te Crew – Na Rúa
Despois de facer números para organizar correctamente o horario para este primeiro semestre (e aínda así a miña semana é un Cristo) estas serán as materias:
1. Pensamento Económico Universal
2. Economía Política II [Economía Política I douna no 2º semestre, vaia liada!]
3. Economía Cubana
4. Historia de Cuba
5. Filosofía e Sociedade. Pensamento Marxista-Leninista
Só digo isto: Entro na miña primeira clase, que era Economía Política II, e a profesora, ó chegar a clase, o primeiro que fai é escribir no encerado:
Tema 1: El Imperialismo fase superior del Capitalismo
Publicado en Educación | 2 comentarios »