Archivo de la Historia de Cuba categoría

Centro Galego da Habana

Este é o edificio do Antigo Centro Galego na Habana, agora o Gran Teatro da Habana, onde se interpretou por primeira vez o Himno Galego

Efectos do Bloqueo a Cuba (III): Recrudecemento a partir dos 90

A caída do campo socialista europeo supuxo a descomposición de todo o sistema económico cubano: en menos de 2 anos o CAME desaparece, e con el o 90% de importacións e o 85% de exportacións. Os gobernos que surxen nos países ex-socialistas negan os convenios existentes ca illa.
Con esta coxuntura, os Estados Unidos ven a posibilidade real de atacar a Cuba sen que esta teña ningún soporte a nivel mundial (recordemos que só Canadá, China, Vietnam e México manteñen relacións ca illa). Así, prodúcese un recrudecemento do Bloqueo:
O primeiro elemento é a aplicación da Enmenda Torricelli: as filiais de empresas estadounidenses radicadas en terceiros países (e por tanto suxeitas ás súas leis) non poderán comerciar con Cuba; aplicaranse sancións ós países que comercien ca illa, e aumentan as medidas contra o tráfico marítimo cara o arquipélago. O 90% das empresas afectadas pola enmenda eran empresas alimenticias e de medicamentos.
En 1994 realízanse novos ataques: limitación das remesas e complicacións cos viaxes cara a illa por parte de emigrados, política necesaria pola enorme cantidade de “pes secos” que entraron no país.
1996 será o ano de aprobación da Lei Helms-Burton, que se ampliará en 1998: intento de supresión de toda a IED cara Cuba dende o estranxeiro a través dunha política de intimidación a empresas de terceiros países ou ós gobernos destos.

Efectos do Bloqueo a Cuba (II): Política yanki a partir de 1959

Podemos citar o mesmo 1 de Xaneiro de 1959 como o día no que se inician os ataques económicos de Estados Unidos contra Cuba: neste momento, co triunfo revolucionario, os esbirros da ditadura (e o propio Batista) desapareceron con 424 millóns de dólares en ouro e divisa, que chegaron a bancos norteamericanos. Estos non foron devoltos
Xa nos primeros meses da Revolución a política económica estadounidense cambia con respecto a Cuba: os primeiros feitos concretos son a negación de préstamos solicitados polo goberno a entidades dos Estados Unidos que tradicionalmente tiñan vínculos ca illa.
Sen embargo, o inicio dunha confrontación económica directa podemos ubicalo no 17 de Maio de 1959. A promulgación da Lei de Reforma Agraria supuxo rematar cos grandes latifundistas, o que directamente perxudicaba ós grandes terratenentes da Unión e a escasos grandes propietarios cubanos. Os Estados Unidos utilizan o pago pola expropiación realizada para atacar ó novo réxime. O goberno cubano intercederá para buscar outros modelos de pago ó proposto. Non houbo resposta.

Ver resto de la entrada »

Efectos do Bloqueo a Cuba (I): Antecedentes

Antes de rematar as clases fixen un pequeno traballo para Historia de Cuba sobre o bloqueo, e ocorréuseme publicalo aquí en pequenos fascículos. O bloqueo sempre é un tema polémico, así que está ben saber cales son as súas dimensións reais. A bibliografía é, esencialmente, o “INFORME DE CUBA SOBRE A RESOLUCIÓN 58/7 DA ASEBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS”, presentado no ano 2004; a “Demanda del Pueblo Cubano al Gobierno de los Estados Unidos por los daños económicos ocasionados a Cuba”, causa presentada por varias organizacións de masas de Cuba (CTC, ANAP, FMC, FEU, FEEM, OPJM, CDR e ACRC) na Sala do Civil e do Administrativo do Tribunal Provincial Popular da Cidade da Habana e “Demanda del pueblo de Cuba al gobierno de los Estados Unidos por daños humanos”, co mesmo formato ó anterior.
1. Antecedentes
Os Estados Unidos comezaron unha política en contra da soberanía de Cuba dende moito antes de 1959. Nunca recoñeceron a República de Armas, e intentaron negociar con España para a súa anexión do arquipélago de diferentes formas, incluída a propia compra do territorio.
Será a partir de 1898 cando se fai máis patente esta política: trala inminente victoria dos rebeldes cubanos fronte a España, Estados Unidos utilizou o autoatentado do Acorazado Maine para inmiscuirse na guerra e así poder controlar os resultados do proceso de paz posterior. Este será un dos momentos máis bochornosos na política estadounidense: a Enmenda Platt da nova Constitución Cubana daba dereito á Unión a intervir directamente na illa. Xa vemos incluso antes do século XX a posición de ataque á soberanía de terceiros países que plantexaba Estados Unidos.
A República en ningún momento puido facer cambiar esta realidade. O conxunto de gobernos corruptos non fixeron máis que perpetuar esta situación, ó traballar en concordancia cos intereses do capital dos Estados Unidos. Sen embargo, sempre que se producía un intento de cambio, a intervención volvíase máxima ó implantar unha ditadura á vontade do propio goberno yanki, en alianza cos poucos cubanos ós que lles beneficiaba a estrutura dependente e neocolonial que existía no arquipélago.
Son ben sabidos os intentos de inxerencia por parte dos Estados Unidos en Cuba despois do triunfo da Revolución en 1959: obviando o bloqueo, do que falaremos a continuación, podemos citar o continuo financiamento ós grupos contrarrevolucionarios, a fallida invasión en Praia Girón, a guerra bacteriolóxica (utilizada tanto para producir catástrofes na economía cubana como para lograr o maior número posible de víctimas humanas), o apoio á disidencia “política” interna e externa e incluso a axuda a terroristas confesos: recordemos o caso de Luis Posada Carriles, que hoxe aínda se pasea libre por Miami despois de recoñecerse culpable do atentado do avión de Cubana nas Bahamas.

27 de Novembro: día polos Mártires de Medicina

Dende fai xa unha semana tiña pendente este post, pero tiven un par de exames esta semana, así que tiven que deixalo para a fin de semana.
O 27 de Novembro conmemórase o fusilamento dos mártires de medicina. Este ano foi o 138 aniversario. É unha boa mostra do que era o imperialismo español
Que pasou o 27 de Novembro de 1871?
O día 23 de Novembro dese ano uns estudantes de primeiro ano de medicina foron a clase, e como non asistiu o profesor saíron xogar. Ó lado do centro de estudos atopábase o Cementerio de Espada, e estiveron na porta xogando cunha carretilla, e incluso un deles arrancou unha flor do xardín! [E a xente dirá: xogando cunha carretilla universitarios? Nesa época había estudantes que tiñan até uns 14 anos]. Facía uns días morrera o xornalista español Gonzalo Castañón nos Estados Unidos nun duelo cun cubano. Este xornalista resultaba ser un valuarte do colonialismo e a anexión total de Cuba por España. Así, as autoridades españolas de Cuba decidiron unha vinganza: deter a todos os alumnos que o día 23 de Novembro estiveran xogando na porta do camposanto, onde estaba soterrado Gonzalo Castañón, baixo o pretexto de que profanaran a súa tumba [É importante dicir que nunca se probou esta profanación, porque moitísima xente pensa o contrario] Un total de 45 estudantes foron detidos, só salvándose 3 ausentes ese día e un sanitario español que foi deixado en liberdade. Posteriormente serían liberados os dous fillos de españois que había na aula e dous cubanos que eran familia do propio xuiz.

Ver resto de la entrada »

Clandestinos

Fai xa un tempo vin a película Clandestinos, unha produción cubana sobre a loita levada a cabo nas cidades durante a loita da Guerrilla en Sierra Maestra. Moitas veces esta loita resulta olvidada, tendo expoñentes tan importantes como Echeverría (presidente das FEU) ou Frank País (líder do movemento clandestino en Santiago de Cuba, e principal proveedor de armas e reforzos ós guerrilleiros), ambos asasinados antes do triunfo revolucionario.
Todos os personaxes da película son ficticios, pero sí se representan accións reais (especial mención ó salto a un terreo de baseball cunha enorme pancarta contra Batista, unha acción con moitísima repercusión social no momento). É unha perfecta mostra de como era a sociedade cubana de finais dos 50 en medio dunha ditadura fascista e un estado policial. Moi interesante pola representación da calidade de vida media do povo cubano, así como as condicións nas que operaban os grupos revolucionarios nas súas accións. Tamén destacada importancia á actitude da policía, de xeito moi realista, se se ve a cantidade de fusilados que houbo durante a tiranía batistiana.
Filme obrigatorio para coñecer a historia revolucionaria en Cuba.

Museo do Ron

O Venres pola tarde a miña clase de Economía Cubana programou unha visita ó Museo do Ron, a través da fundación Havana Club. Alí nos diriximos uns 15 estudantes (Venres pola tarde é un mal momento para estas cousas…) e o noso profesor de Economía Cubana I, Jesús Cruz. Non sei canto lle custa entrar a un turista, pero para nós foi gratis, así que se alguén está de visita pola Habana eu recomendo que se vexa. Unha visita guiada duns 20 minutos dache unha perspectiva moi interesante de como se procesa o ron. Algunhas curiosidades:
O ron procede da caña de azucre, a través das sobras ó finalizar o procesamento de obtención do azucre.
A caña de azucre non é propia de Cuba, foi importada polos colonizadores españois en 1493
Foron os escravos quenes descubriron que se podía producir ron. Nun primeiro momento escondían baixo terra estas sobras para que fermentaran a través dun proceso natural e así crear augardente sen que os seus donos soubesen como o facían.
A proceso de maduración do ron é de tan só 2 semanas. Son os seus produtos por separado os que necesitan anos antes de ser útiles. Unha vez pasado este tempo mézclase e en 2 semanas o ron está listo.
Só 9 mestres do ron, en virtude da proteción dos segredos comerciais, coñecen a composición exacta do ron de Havana Club. Nestos momentos adestran a outros 5, entre eles a primeira muller.
A exportación de ron reporta a Cuba máis beneficios que a exportación de azucre
Cada mestre é capaz de distinguir a graduación do alcol só catándoo. Estas mostras de alcol antes do seu procesamento oscilan entre os 70º e os 90º.

Que é Revolución?

Unha das grandes citas de Fidel:

Revolución é sentido do momento histórico; é cambiar todo o que debe ser cambiado; é igualdade e liberdade plenas; é ser tratado e tratar ós demais como seres humanos; é emanciparnos por nós mesmos e cos nosos propios esforzos; é desafiar poderosas forzas dominantes dentro e fóra do ámbito social e nacional; é defender valores nos que se cre ó prezo de calquera sacrificio; é modestia, desinterés, altruismo, solidariedade e heroísmo; é loitar con audacia, intelixencia e realismo; é non mentir xamais nen violar principios éticos; é convicción profunda de que non existe forza no mundo capaz de aplastar a forza da verdade e as ideas. Revolución é unidade, é independencia, é loitar polos nosos soños de xustiza para Cuba e para o mundo, que é a base do noso patriotismo, do noso socialismo e do noso internacionalismo.

Camilo Cienfuegos na Praza da Revolución

Pola conmemoración do 50 aniversario da desaparición física de Camilo Cienfuegos, o 28 de Outubro, colocaron unha figura del ó lado da do Che na Praza da Revolución:

Historia da Habana

San Cristóbal da Habana foi fundada en 1514 polo conquistador español Pánfilo de Narváez, cerca da desembocadura do río Mayabeque. Nos 5 anos seguintes cambiará 2 anos de ubicación debido ás plagas, e finalmente tomará a súa posición actual en 1519. Inicialmente foi unha cidade sen especial interese, pero ca conquista dos territorios da actual México e Perú, La Habana converteuse nunha cidade estratéxica cun importante porto de paso entre América e Europa. Produto desta crecente importancia, subsituirá a Santiago de Cuba como a Sede da Capitanía Xeral en 1556. Nos seguintes 200 anos este sería un dos portos máis importantes de América. En 1592 recibe o título de cidade e en 1607 a capital da colonia trasládase definitivamente á Habana.
Os corsarios franceses atacaron 2 veces a cidade en 1538 e 1555, o que deu como resultado a construcción dunha importante defensa, que ten como máximos expoñentes as fortalezas da Punta e o Morro. Unha ancha muralla foi construída no periodo de 1674 - 1740. Serviu como protección ante os piratas, pero na guerra con Gran Bretaña presentouse insuficiente: en 1762 os ingleses tomaron a Habana, a cal dominaron durante 11 meses. A cidade retornaría a mans do Imperio Español ó ser cambiada por Florida. Durante este tempo será cando a Coroa española levante as restriccións ó comercio das colonias, polo que a cidade terá unha forte apertura ó comercio a partir deste momento: A partir de 1765 poderá comerciar con 7 cidades españolas, e en 1818 permitíuselle o comercio de tabaco, ron, azucre e café a calquera parte do mundo. A mediados do século XIX chegan á cidade grandes avances tecnolóxicos: ferrocarril, telégrafo, iluminación pública, sistema de transporte urbano…
A evolución da poboación até este momento é a seguinte: 1600: 4.000 habitantes. 1774: 76.000 habitantes. 1902: 250.000 habitantes.
Ca independencia lograda en 1902 e a masiva aparición de yankis a cidade vive un período de expansión económica e territorial. A comezos dos anos 50, La Habana era a perfecta capital para ir a hoteis de luxo ou a casinos. A poboación vivía moitas veces na miseria.
Co triunfo da Revolución unha das primeiras medidas foi pechar os casinos e prohibir o xogo (lei que se mantén na actualidade). Moitas casas abandonadas por terratenentes ou burgueses emigrados foron entregados á poboación, polo que se deron situacións nas cales unha criada obtiña unha mansión dalgún yanki propietario de terras.
Na actualidade, a cidade da Habana conta con 15 municipalidades, e configúrase como unha provincia. A súa poboación total é de 2.200.000 habitantes, cunha superficie total de 740km²