Archivo de la Historia de Cuba categoría

La historia me absolverá

Célebre autodefensa de Fidel Castro nos xuizos realizados contra os asaltantes ó Cuartel Moncada en 1953.
Como avogado, permitíuselle a Fidel realizar a súa autodefensa. Este alegato dunhas 60 páxinas volveuse célebre e converteuse en libro.
É un dos textos máis destacados da historia revolucionaria. De forma moi clara, Fidel fai unha análise de como se estaba a celebrar o Xuízo contra os asaltantes e as contínuas presións da tiranía de Batista; Caracteriza brevemente a situación socioeconómica de Cuba durante os últimos anos (Fidel estivera illado durante a súa preparación da defensa, é moi interesante ver como é capaz de aportar datos bastante concretos sobre desemprego ou pobreza sen comunicación co exterior). Critica moi duramente a posición tomada polo Goberno unha vez os guerrilleiros deciden retirarse, producíndose máis de 70 asasinatos durante unha semana sen proceder a detención algunha (sen dúbida esta parte é a máis intensa: como narra torturas por parte do exército ou asasinatos que despois se quixeron encubrir como suicidios). Por último, defende legalmente os seus actos sobre a Constitución cubana de 1940, e explica o seu programa político, baseado en 5 puntos básicos.
Libro clave para coñecer o proceso revolucionario cubano e a posición do seu máximo dirixente. É unha moi boa forma de ver a capacidade intelectual de Fidel Castro, independentemente da ideoloxía de cada un.
Moi recomendable!

Juan Almeida Bosque

Como non podía ser doutra forma, teño que escribir unha pequena entrada sobre a vida do Comandante Juan Almeida Bosque. Toda a información está sacada do Granma, Juventud Rebelde e Tribuna de la Habana destos días, así que posiblemente na wikipedia atopedes máis sobre el. Pero bueno, por intentalo que non quede! Ver resto de la entrada »

Morre o Comandante da Revolución Juan Almeida Bosque

O día 11 de Setembro, ás 23:30, morreu dunha parada cardiorrespiratoria o Comandante da Revolución Juan Almeida Bosque.
Segundo de 12 irmáns, obreiro albañil até o ano 1952, onde se vinculará ó movemento fronte a Tiranía de Batista, estará sempre unido á figura de Fidel Castro. No ano 1953 participa no fallido asalto ó cuartel Moncada, e estará preso con Fidel na Illa dos Pinos até a amnistía. Exiliado en Mexico cos dirixentes do Movemento 26 de Xullo, formará parte no desembarco do Granma en 1956. Durante a loita revolucionaria foi fundador do Exército Rebelde e Comandante do Terceiro Frente Guerrilleiro.
Dende a fundación do Partido Comunista de Cuba formará parte do seu Buró Político, á vez que será Deputado na Asamblea Nacional do Poder Popular de Cuba dende a primeira lexislatura á actualidade.
Levou a cabo unha relevante labor cultural, con máis de 300 cancións compostas e unha docena de libros publicados
É o autor da famosa frase “Aquí no se rinde nadie, carajo!”. Durante o desembarco do Granma (que o Che calificou máis como un naufraxio), un dos esbirros do Tirano berroulles que se rendisen, e esa foi a súa resposta. Despois de 2 semanas perdidos en pequenos grupos, será un dos 7 supervivintes que se reunirán en Cinco Palmas (Onde Fidel dixo o de “Ahora sí ganamos esta guerra”).
O Domingo día 13, será Duelo Oficial en todo o país de 8 da mañá ás 8 da noite.
Perdeuse un dos heroes máis grandes da Revolución cubana.

Xoves, 19 de Maio de 1977

Fai uns días caeu nas miñas mans o Granma do 17 de Maio de 1977. Decidinme a escribir un post cun resumo do que contou ese día.
O día anterior fora a clausura do V Congreso da Asociación Nacional de Agricultores Pequenos [ANAP], no cal Fidel Castro deu un discurso. O Granma reproduce integramente nas súas páxinas 2, 3 e 4 o discurso: 3 páxinas DIN A3 cunha soa foto. Nel fai un repaso histórico da reforma agraria levada a cabo despois da Revolución (desto si que farei un post extenso, porque é un tema que me interesa especialmente). Un dato interesante: máis do 70% das terras eran estatais. Ver resto de la entrada »