Está visitando los archivos de la categoría Libros.
| L | M | M | J | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Ago | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
Archivo de la Libros categoría
Alexandr Chayánov
9. Junio 2010 by Outes.
Perdido entre a miña pequena biblioteca, o outro día atopei un libro que merquei na Feira do Libro, adicada a Rusia, fai uns meses. É unha historia curta para nenos, e ía comezar a lela cando me atopo ca biografía do autor, Alexandr Chayánov. Aquí queda para vós:
Alexandr Vasílievich Chayánov (1888 - 1937), científico ruso de grande prestixio, economista agrario, autor dunha teoría orixinal da cooperación agrícola e da organización da sociedade sobre a base do traballo do campesiñado.
Entusiasta e moi consecuente nas súas ideas, destacouse dende moi xoven; no momento da Revolución xa era un estudioso recoñecido e ocupou cargos importantes nas universidades e institucións de ciencias agrícolas durante os primeiros anos postrevolucionarios. Pero dende a metade dos anos 20 os seus conceptos comezaron a irritar ás autoridades, xa que, segundo elas, o papel reitor na sociedade só o podía ter o proletariado e a agricultura debía ser totalmente colectivizada, mentres que Chayánov, baseándose nos seus amplos estudos, explicaba que os campesiños, agrupados en cooperativas de mediano tamaño, asistidos por especialistas en agronomía e recibindo ingresos xustos pola súa dura labor, eran o pilar imprescindible para o desenvolvemento económico de calquera país.
Desgraciadamente, naqueles decenios as diverxencias teóricas non se resolvían discutindo senon dunha maneira moito máis radical. As ideas de Chayánov foron consideradas pequenoburguesas e, por consecuencia, antisoviéticas. Foi arrestado en 1930 e condeado a cinco anos de traballos forzados; en 1937 foi detido de novo, “xulgado” e fusilado. […]
-1 para Stalin!
Publicado en Libros | 5 comentarios »
Como se sinte un galego no exilio?
2. Junio 2010 by Outes.
Estaba folleando o Sempre en Galiza, e atopeime cun incrible anaco co que me sentín identificado (salvando as distancias, evidentemente), e que me fixo pensar sobre como se pode sentir alguén no exilio. Despois dun pouco máis de 9 meses fóra de Galiza, non me chega o día de estar alí de novo; como se sentiría alguén que marchaba e sabía que non ía volver máis?
Para non enredar, o parágrafo, que Castelao sabe dicir as cousas mellor que eu:
“Escribo á luz dunha fiesta ensombrecida por un rañaceos. Nas moitas fiestras que descobro dende a miña vexo dramas, comedias e sainetes, que non me deixan enfiar as ideias. Poida que frente a min haxa checoslovacos, autríacos, polacos, finlandeses, xudeus, alemáns e doutros pobos e razas, que esborranchen coartelas para comporen libros acugulados de acusacións; pero estou seguro de que eles non adiviñan que á luz desta fiestra traballa un galego desterrado, con máis razón que eles para protestar. Ningún dos meus veciños de enfrente sabe que hai unha Patria que se chama Galiza, e non podo eisixirlles que adiviñen a miña eisistencia. Eu son fillo dunha Patria descoñecida, porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas. Perdeunos a modestia e o afán de bo parecer ante os demáis hespañoes, que nunca quixeron comprendernos. ¿Estamos aínda a tempo de comezar de novo? Estamos, polo menos, no comezo dunha nova etapa de loita pola Liberdade, e cicais conveña cancelar as vellas normas.”
Comezo do Libro II, escrito en 1940
Publicado en Libros | 7 comentarios »
Como vían os soviéticos que no futuro se vería o seu presente
24. Mayo 2010 by Outes.
Esta última semana estiven lendo “A Nebulosa de Andrómeda”, un libro de ciencia ficción escrito por Ivan Efremov, autor soviético dos anos 70. Pareceume interesante publicar este anaco, para ver como se esperaban que sería o futuro os soviéticos nesa época:
Publicado en Libros | 2 comentarios »
Fotos Feira do Libro
1. Marzo 2010 by Outes.
Debía unhas fotos, así que para volver postear despois da semana de HAVMUN, non me parece mal:
Publicado en Fotos, Actos Oficiais, Libros | Ningún comentario »
Comeza a feira do libro!
13. Febrero 2010 by Outes.
O Xoves 11 de Xaneiro inaugurouse de forma oficial a feira do libro, o evento cultural máis importante en Cuba. Este ano o país invitado será Rusia (fai 2 anos fora Galiza), e adicaráselle ós escritores cubanos Reynaldo González e María del Carmen Barcia. Hoxe estiven por alí, e podo asegurar que teñen razón cando din que é o evento cultural máis importante do país, porque é impresionante. Nuns días subirei algunhas fotos e comentarei as cousas que vou vendo. Polo momento adianto que este evento é tan aberto que até a Fundación Federico Engels anda por aquí.
Publicado en Actos Oficiais, Libros | Ningún comentario »
Unha bomba para o señor presidente
20. Diciembre 2009 by Outes.
Fai uns días atopei este libro nunha librería de segunda man. Escrito por Yulian Semionov, libro policíaco de finais dos 70 escrito no bloque socialista. Ollo ó argumento:
Un xoven científico búlgaro desaparece en Berlín Occidental mentres investiga as actividades dun tenebroso consorcio, cuxos principais dirixentes foron membros da Gestapo hitleriana e agora manteñen extrañas relacións con intereses maoístas en Hong Kong…Unha fermosa bailarina xaponesa enferma de leucemia, a consecuencia dunha nube radioactiva, residuo dunha proba nuclear nun país de Asia…O seu amante, vicepresidente do consorcio, “suicídase” despois de reunirse co científico búlgaro e cun cineasta de esquerdas.
Con todos estos elementos Yulian Semionov -a quen os nosos lectores coñecen por “Dezasete instantes dunha Primavera”- entréganos unha apaixoante novela de intriga política que nos adentra polas entrañas dunha loita a morte entre o ben e o mal, rara vez presente nos cables das axencias de prensa occidentais.
Non sei como no mesmo parágrafo conseguiron meter tantos inimigos da URSS xuntos. Só falta un trotskista polo medio e xa estaban todos! De tódolos xeitos, o libro é realmente bo.
Publicado en Libros | Ningún comentario »
Festival Universitario da Lectura e o Libro
22. Noviembre 2009 by Outes.
A semana pasada celebrouse o FULL, Festival Internacional da Lectural e o Libro, organizado pola Federación Estudiantil Universitaria (FEU). Entre o 13 e o 17 de Novembro realizáronse actos no Pavellón Cuba, que incluían a presentación de libros, lecturas e concertos. Tamén se puxeron dúas librerías, unha con novidades e a outra só con libros de segunda man. Estiven por alí 2 días, e puiden ver os libros rebaixados de prezo: un libro que costaría uns 15 pesos (50 céntimos de euro), e que ca rebaixa costaba 4 pesos (16 céntimos de euro). O dos prezos dos libros é algo que aínda me parece incrible. Espero con moitas ganas a Feira do Libro, porque din que alí os prezos son de risa.
En canto ós concertos, puiden ver un par de grupos de latin jazz, que sonou parecido a Chucho Valdés, pero sen el no escenario. Tamén ía ir un grupo de rock serbio, pero perderon o avión en Venezuela e aplazouse o concerto. Ademáis, polas tardes había trova na cafetería (volvín ver a Adrián Berasatain, teloneiro de Manu Chao), e polas noites grupos de rock ou jazz tocando até que pechaba o local.
Publicado en Actos Oficiais, Educación, Libros | Ningún comentario »
Cien horas con Fidel
1. Noviembre 2009 by Outes.
Un dos libros que más ganas tiña de conseguir cando cheguei a Cuba era “Cien horas con Fidel”, unha entrevista realizada por Ignacio Ramonet de más de 700 páxinas. Está feito nun longo período de tempo (comezaron as entrevistas en 2003 e o libro rematouse en 2005, publicado en 2006, se non me equivoco), pero a maioría dos temas aínda están de actualidade. Conversan sobre a vida de Fidel durante a súa xuventude e o proceso revolucionario (bastante interesante, porque son cousas que non se acostuman a escoitar), os cambios estruturais en Cuba nos últimos anos, ou temas de actualidade, como o cambio climático. Ver resto de la entrada »
Publicado en Libros | 4 comentarios »
Compra de libros (II)
1. Octubre 2009 by Outes.
Atopei na Terminal de Omnibus unha librería bastante xeitosa. Merquei os seguintes libros:
“Cuba y la lucha por la Democracia”.- Ricardo Alarcón de Quesada (Presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba). Selección de artigos, entrevistas e discursos de Alarcón de Quesada sobre a democracia cubana e a loita pola súa perfección
“Cuba y África. Historia Común de lucha y sangre”.- Varios autores. Evolución das relacións de Cuba co continente africano dende o triunfo da Revolución. Nas últimas páxinas ten unha serie de fotografías dos anos 60 a 90 de diversos actos en Cuba e África.
“Imperio e imperialismo”.- Atilio Boron. Estudo da fase imperialista actual e das suas novas formas de aparición. O libro está publicado polo Fondo Cultural do ALBA, é o primeiro que atopo dela, pero parece ser bastante completa
“En combate por la esperanza”.- Varios autores. Estudo sobre a loita en Sierra Maestra durante o ano 1957. Segunda parte dunha triloxía que narra de forma bastante sintética o periodo de loita revolucionaria.
Prezo total dos libros: 34 pesos. Aproximadamente 1.3€
Publicado en Libros | 2 comentarios »
Compra de libros
27. Septiembre 2009 by Outes.
Hoxe merquei 4 libros:
“La Composición de la clase trabajadora en el capitalismo y su fuerza de transformación”.- Daniel Olesker Gerstenfeld. Pequena análise do proletariado uruguaio e de posibles alternativas ó neoliberalismo neste país.
“…En un lugar llamado Tierra”.- Jordi Sierra i Fabra. Novela xuvenil do escritor catalán, que narra a historia do científico Hal Yakzuby nun futuro lonxano onde conviven máquinas e humanos nunha sociedade ideal.
“Así nacen as baleas”.- Anxos Sumai. Supoño que algúns coñeceredes esta obra. Non sei como é posible, pero estaba no estante de literatura universal, e a edición en galego da Editorial Galaxia. Era o único libro que non estaba en español de toda a estantería! Ademáis a propia Anxos Sumai é de Catoira, polo que máis casualidades aínda.
“La política exterior de la Cuba socialista”. Conxunto de artigos, discursos e documentos oficiais sobre a política exterior cubana cos países do bloque socialista europeo. É do ano 1982, así que poderei ter unha pequena visión da situación exterior da Cuba dos 80 e a súa posición respecto á URSS.
O prezo total foi de 60 pesos cubanos, o que veñen sendo menos de 2.5€.
Publicado en Libros | 1 comentario »