Está visitando los archivos de la categoría Viaxes.
- Actos Oficiais (14)
- Blog (7)
- Cine (4)
- Economia (4)
- Educación (10)
- Fotos (15)
- Historia de Cuba (13)
- Imperialismo (12)
- Libros (9)
- Música (6)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (9)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (2)
- Trámites (3)
- Viaxes (15)
- Vida en Cuba (7)
- Xornalismo (9)
- 5. Marzo 2010: Inundacións na Habana!
- 3. Marzo 2010: Portada do Juventud Rebelde!
- 3. Marzo 2010: Sobre a morte de Orlando Zapata Tamayo
- 1. Marzo 2010: Fotos Feira do Libro
- 21. Febrero 2010: Con Abel Prieto!
- 19. Febrero 2010: HAVMUN 2010
- 16. Febrero 2010: Materias segundo Semestre
- 14. Febrero 2010: Pouca propaganda Revolucionaria
- 13. Febrero 2010: Comeza a feira do libro!
- 9. Febrero 2010: Cuartelería
Blogroll
Archivo de la Viaxes categoría
Viaxe a Cárdenas
4. Febrero 2010 by Outes.
Perdón polo retraso posteando! Levo desaparecido uns 5 días porque aproveitei uns días libres que tiña para aceptar a invitación de Yasiel (un dos meus compañeiros na beca) para ir á súa casa en Cárdenas, na provincia de Matanzas. Para que vos orientedes, Matanzas é a provincia que linda polo oeste ca Habana. Cárdenas é a segunda cidade máis importante da provincia (despois da propia Matanzas), que se fixo mundialmente famosa nos anos 1997 - 1998 por ser onde vivía Elián González. É o municipio que queda ó sur de Varadero, polo que hai bastante turismo, sector no que se ocupa unha importante parte da poboación.
Nos 4 días que estiven por alí fixemos bastantes cousas, así que poño algunhas fotos para resumir a viaxe!
Publicado en Viaxes | 1 comentario »
Cos meus pais en Cuba!
20. Enero 2010 by Outes.
Como algúns xa sabiades, esta semana estiveron de visita por Cuba meus pais. Como houbo algunha xente que me pedíu que subise máis fotos, e eu débome ós meus lectores (?), aproveito para subir algunha con eles!
Publicado en Fotos, Viaxes | 5 comentarios »
No Cumio do Machu Pichu
19. Enero 2010 by Outes.

O pequeniño que hai abaixo son as ruínas que se atopan no Machu Pichu. Ó fondo, o Wayna Pichu. Eu estou no cumio do monte Machu Pichu, a uns 3800 metros de altitude. As vistas máis incribles da miña vida
Publicado en Fotos, Viaxes | 4 comentarios »
Fin da viaxe!
12. Enero 2010 by Outes.
De novo en Lima, mañá saio para a Habana, a viaxe finalmente foi así:
Lima - Ayacucho - Wari - Quinua - Cusco - Aguas Calientes - Machu Pichu - Copacabana - Illa do Sol - La Paz - Lima
Unha viaxe de 30 horas de autobús de La Paz a Lima, onde me puxeron Transporter, Transporter II e Transporter III seguidas. Despois videoclips de Julieta Venegas. Está claro que os peruanos saben de tortura psicolóxica!
A partir destos días comezarei de novo a postear como antes, e contestarei os correos un pouco máis rápido.
Publicado en Viaxes | 3 comentarios »
La Paz!
8. Enero 2010 by Outes.
Despois duns días desaparecido do mundo, viaxe de Cusco a Bolivia para coñecer o lago Titicaca, parando un día en Copacabana e outro na Illa do Sol.
Nestos momentos xa estou pola Paz, unha cidade realmente interesante!
Publicado en Viaxes | 1 comentario »
Continuación da viaxe!
30. Diciembre 2009 by Outes.
Por fin saimos de Lima (síntoo moito, pero se estou un par de días máis na cidade pégome un tiro, demasiado caos) dirección Ayacucho. Coñecida por ser o lugar onde o exército de Sucre venceu ós colonizadores españois en 1824, polas ruínas dos Wari e por ser onde Abimael Guzmán estudou, foi profesor e finalmente se levantou con Sendero Luminoso. Unha cidade pouco turística e moi tranquila.
As últimas 22 horas paseinas nun autobús Ayacucho - Cusco, a onde chegamos fai un rato. Xa temos onde durmir e coñecimos uns arxentinos moi agradables. Os próximos días serán para descansar, pasar fin de ano, e o día 2 será o da viaxe a Machu Pichu.
Publicado en Viaxes | Ningún comentario »
Nadal!
25. Diciembre 2009 by Outes.
A noite do 24 paseina na Praza de Armas, en Lima, con outras 10 persoas do hostal de diferentes partes do mundo.
Mañá marcho posiblemente cara Nazca!
Publicado en Viaxes | 3 comentarios »
Dende o Perú!
24. Diciembre 2009 by Outes.
Como algúns xa sabiades, decidín facer unha pequena escapada de Cuba este Nadal, e onte recibiume a terra de Mariátegui, por onde vou estar os próximos 15 días.
Posiblemente vexa reducida (aínda máis) a miña actividade no blog, pero tentarei polo menos subir algunhas fotos e un pouco de información sobre un dos últimos reductos neoliberais do Sur de América.
A xente que me escribe correos, xa vistes que agora estou contestando menos que de costume. Tiven bastante actividade na Facultade e na beca a última semana (engadido ós preparativos da viaxe) polo que case non puiden conectarme (teño pendente un post sobre Internet en Cuba, prometido!), de aquí os retrasos. Como tampouco trouxen o portátil vai ser case imposible que conteste correos nos próximos 20 días.
O que sí, espero polo menos poder ler as novas que me ides mandando.
Un saúdo moi forte e boas vacacións para todos!
Publicado en Blog, Viaxes | Ningún comentario »
Cienfuegos
20. Octubre 2009 by Outes.
Esta fin de semana viaxei á cidade de Cienfuegos. É a capital da provincia homónima, situada no centro da illa. Con menos de 140.000 habitantes, esta cidade fundada por colonizadores franceses a comezos do século XIX presenta un dos cascos históricos máis importantes de Cuba, declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO. Pasear por Cienfuegos dá unha visión diferente da arquitectura cubana, xa que a cidade está chea de pequenas casas coloniais francesas, algo que non é moi común ver noutras cidades do arquipélago.
A miña viaxe comezou o Venres á última hora da mañá, cando collín o autobús que me levaría á cidade. A viaxe foi de pouco máis de 4 horas, sen complicacións. Outra vez a parada de rigor na mesma área de servizo de sempre, á que xa lle estou collendo cariño. Dentro do propio autobús acercóuseme unha señora para ofrecerme unha casa particular na que podería quedarme se me interesaba. Regateamos un pouco e ó final aceptei (saiume un pouco caro, pero o almorzo ía incluído, e menudo almorzo!), así era unha cousa menos na que tiña que pensar ó chegar á cidade.
Publicado en Viaxes | 4 comentarios »
Santa Clara e segundo concerto de Manu Chao
15. Octubre 2009 by Outes.
O Domingo pola mañá espertamos ben cedo pra sair cara a Habana. Ás 6 da mañá collimos a nosa máquina (esta vez sen problemas de cola) e saímos de Güines. En menos dunha hora estabamos xa na cidade, e marchamos cara La Coubre, a terminal de autobuses que se encarga de dar viaxes en lista de espera.
Publicado en Música, Fotos, Viaxes | 4 comentarios »