| L | M | M | J | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Ago | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | ||||
- Actos Oficiais (18)
- Blog (14)
- Cine (5)
- Economia (6)
- Educación (11)
- Fotos (28)
- Historia de Cuba (14)
- Imperialismo (14)
- Libros (12)
- Música (7)
- Personaxes Históricos (7)
- Presentación (2)
- Residencia (13)
- Sanidade (2)
- Sistema Electoral (3)
- Trámites (3)
- Viaxes (22)
- Vida en Cuba (21)
- Xornalismo (11)
- 30. Agosto 2010: Novo blog sobre Cuba!
- 21. Julio 2010: Nun camello!
- 16. Julio 2010: Centro Galego da Habana
- 12. Julio 2010: Medios de transporte (II): Transporte interprovincial
- 9. Julio 2010: Rematei os exames!
- 6. Julio 2010: Medios de transporte (I): Transporte urbano
- 5. Julio 2010: Posts do mes de Xullo
- 1. Julio 2010: Viaxe a Las Tunas
- 22. Junio 2010: Matrículas
- 21. Junio 2010: Problemas no teclado
Blogroll
As vistas dende a Área (II)
19. Junio 2010 por Outes.
Xa fai un tempo posteara unha foto cas vistas que teño dende a área da Beca onde vivo. Estas son as que teño dende o outro lado. Tería que sacar unha foto panorámica, algo que non pode facer a miña cámara, para que virades o conxunto, pero bueno, así enténdese! Dende este lado vexo todo o Vedado (o barrio máis coñecido da Habana, onde vivo) e parte de Centro Habana. Á esquerda vexo o Malecón (que non sae na foto), cos hoteis Riviera e Cohiba a 6 cuadras. Na foto, de esquerda a dereita, está o edificio Focsa (edificio de vivendas máis grande de Cuba), Habana Libre (ca miña facultade á súa esquerda!) e a Colina, onde se atopan a maioría de edificios da Universidade da Habana (que na foto non se distinguen). O fume que se ve á dereita e parece Mordor, é unha refinería de petróleo que está na Bahía da Habana, xa na Habana Vella, pasando o Capitolio (que por desgracia non se ve). Pola noite o fume vese vermello algunhas veces, e fai un fondo espectacular! Pola dereita, e tampouco na foto, chégase a ver o Memorial José Martí (edificio máis alto de Cuba), na Praza da Revolución.

Publicado en Fotos, Residencia | 1 comentario »
Os medios de comunicación en Cuba
17. Junio 2010 por Outes.
Outro dos posts que tiña ganas de escribir. Aproveito que onte fixemos unha charla na beca sobre os medios de comunicación en Cuba con 2 xornalistas do diario Juventud Rebelde, e así podo falar con máis coñecemento de causa (e de paso para dicir que en Cuba hai debates, e pódense expresar as opinións que un queira, para esa xente que só fala paiasadas sobre o país). Este é dos temas onde máis crítica se fai, tanto aquí como fóra, así que a ver se dou escrito as cousas con xeito.
Publicado en Vida en Cuba, Xornalismo | 7 comentarios »
Comeza o mundial de fútbol
16. Junio 2010 por Outes.
Aínda que cun pouco de retraso, tiña que facer mención ó mundial de fútbol, polo que se está vivindo en Cuba. Nun país coma Cuba, no que se potencia tanto o deporte, era evidente que ía espertar bastante interese. Cuba é unha potencia deportiva, pero se hai un deporte no que a súa selección non gaña, é no fútbol. Despois de quedar eliminado na clasificatoria de Centroamérica e o Caribe (só lle gañou a Trinidad y Tobago, perdendo incluso cas Bahamas), os cubanos foron amoldándose á situación e elixindo equipos ós que apoiar para o mundial. A competitividade deportiva neste país é horrible (de feito tiven problemas xogando tanto fútbol como baloncesto porque o toman demasiado a peito), e a todo o mundo lle encanta que o seu equipo gañe, así que o normal é que a xente sexa de Arxentina ou Brasil, por eso de ser latinoamericanos, ou de España. Despois sempre atopas algún despistado de Inglaterra ou Italia, pero polo xeral sempre apoian esos 3 equipos. As discusións que se montan son unha pasada, e todo o mundo está pendente do que pasa, aínda que non teñan nin idea de fútbol. Podes atopar xente que sabe as aliñacións de todos os equipos, pero despois hai xente que fala por falar (un díxome que Oliver Kahn tiña “sesenta y pico de años”!)
Tamén se ven moitísimos nenos pola rúa xogando fútbol, cando fai un par de meses todos estaban xogando pelota, cando era a fase final da liga cubana. Aquí as cousas van por rachas!
Así que nada, pola miña parte, e aínda que hoxe tivemos o primeiro revés contra Brasil, espero que a República Popular Democrática de Corea chegue o máis lonxe posible!
Publicado en Vida en Cuba | 2 comentarios »
Choiva en Cuba
11. Junio 2010 por Outes.
Onte (10 de Xuño) foi o 30º día que vexo chover en Cuba (si, conteinos). É incrible a cantidade de tempo que se pode estar neste país sen que chova. Se algo me chama a atención do clima (a parte de que te derrites pola rúa do calor), é a forma que hai aquí de chover: igual non ves auga en 3 semanas, e un día así sen máis núblase en 10 minutos, chove que parece que vas afogar durante media hora, e nunha hora volveu sair o sol e xa está todo seco de novo. Os cambios de tempo son rapidísimos, e case non hai tempo para darse conta. Acostumados a que chova durante días seguidos en Galiza, aquí a cousa é totalmente diferente.
Ademáis, aquí non existe iso de que chova miudiño. Se cae, cae ben. Este ano non houbo ciclóns (o cal é bo), así que non vivín ningún, pero sí que pasaron algunhas tormentas, e poucas veces vin chover tanto. Os raios caen sen parar e ves como se ilumina o ceo cada 7 ou 8 segundos (contados!) durante o tempo que dura o temporal, algo espectacular.
Cousas de vivir nunha illa cun clima tropical!
Publicado en Vida en Cuba | 2 comentarios »
Alexandr Chayánov
9. Junio 2010 por Outes.
Perdido entre a miña pequena biblioteca, o outro día atopei un libro que merquei na Feira do Libro, adicada a Rusia, fai uns meses. É unha historia curta para nenos, e ía comezar a lela cando me atopo ca biografía do autor, Alexandr Chayánov. Aquí queda para vós:
Alexandr Vasílievich Chayánov (1888 - 1937), científico ruso de grande prestixio, economista agrario, autor dunha teoría orixinal da cooperación agrícola e da organización da sociedade sobre a base do traballo do campesiñado.
Entusiasta e moi consecuente nas súas ideas, destacouse dende moi xoven; no momento da Revolución xa era un estudioso recoñecido e ocupou cargos importantes nas universidades e institucións de ciencias agrícolas durante os primeiros anos postrevolucionarios. Pero dende a metade dos anos 20 os seus conceptos comezaron a irritar ás autoridades, xa que, segundo elas, o papel reitor na sociedade só o podía ter o proletariado e a agricultura debía ser totalmente colectivizada, mentres que Chayánov, baseándose nos seus amplos estudos, explicaba que os campesiños, agrupados en cooperativas de mediano tamaño, asistidos por especialistas en agronomía e recibindo ingresos xustos pola súa dura labor, eran o pilar imprescindible para o desenvolvemento económico de calquera país.
Desgraciadamente, naqueles decenios as diverxencias teóricas non se resolvían discutindo senon dunha maneira moito máis radical. As ideas de Chayánov foron consideradas pequenoburguesas e, por consecuencia, antisoviéticas. Foi arrestado en 1930 e condeado a cinco anos de traballos forzados; en 1937 foi detido de novo, “xulgado” e fusilado. […]
-1 para Stalin!
Publicado en Libros | 5 comentarios »
Fotos Oriente (IV): Holguín e Gibara
4. Junio 2010 por Outes.
O último post con fotos da viaxe a Oriente. Holguín é unha das provincias cubanas máis tranquilas, coñecida por ter un dos complexos hoteleiros máis importantes do país (Guardalavaca) e porque nela está Birán, o pequeno pobo onde naceu Fidel Castro. Eu non fun a ningún dos dous sitios, e só estiven na capital (Holguín) e en Gibara, un pequeno pobo mariñeiro, onde se estaba a celebrar o Festival de Cine Pobre.
Aquí estou eu na Loma da Cruz, un pequeno monte ás aforas de Holguín, cunhas vistas panorámicas impresionantes da cidade. Como o seu nome indica, tamén hai unha cruz por alí, que se puxo a finais do século XVIII para aliviar a sequía que se vivía no país. Non sei se aliviaron a sequía, pero xa vos digo que calor aínda fai de carallo. Para morrer!

Ver resto de la entrada »
Publicado en Fotos, Viaxes | 4 comentarios »
Como se sinte un galego no exilio?
2. Junio 2010 por Outes.
Estaba folleando o Sempre en Galiza, e atopeime cun incrible anaco co que me sentín identificado (salvando as distancias, evidentemente), e que me fixo pensar sobre como se pode sentir alguén no exilio. Despois dun pouco máis de 9 meses fóra de Galiza, non me chega o día de estar alí de novo; como se sentiría alguén que marchaba e sabía que non ía volver máis?
Para non enredar, o parágrafo, que Castelao sabe dicir as cousas mellor que eu:
“Escribo á luz dunha fiesta ensombrecida por un rañaceos. Nas moitas fiestras que descobro dende a miña vexo dramas, comedias e sainetes, que non me deixan enfiar as ideias. Poida que frente a min haxa checoslovacos, autríacos, polacos, finlandeses, xudeus, alemáns e doutros pobos e razas, que esborranchen coartelas para comporen libros acugulados de acusacións; pero estou seguro de que eles non adiviñan que á luz desta fiestra traballa un galego desterrado, con máis razón que eles para protestar. Ningún dos meus veciños de enfrente sabe que hai unha Patria que se chama Galiza, e non podo eisixirlles que adiviñen a miña eisistencia. Eu son fillo dunha Patria descoñecida, porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas. Perdeunos a modestia e o afán de bo parecer ante os demáis hespañoes, que nunca quixeron comprendernos. ¿Estamos aínda a tempo de comezar de novo? Estamos, polo menos, no comezo dunha nova etapa de loita pola Liberdade, e cicais conveña cancelar as vellas normas.”
Comezo do Libro II, escrito en 1940
Publicado en Libros | 7 comentarios »
Vocabulario Cubano (III): Expresións
31. Mayo 2010 por Outes.
Expresións típicas de Cuba, para variar un pouco os posts de vocabulario.
Pinga: Sen dúbida, teño que comezar por esta. Palabra comodín para calquera cubano, “pinga” sirve para valorar absolutamente todo. Polo xeral “pinga” significa algo malo, pero segundo a entonación pode que estean dicindo que algo saiu perfecto.
Fula: A palabra esta non sei de onde a sacaron, pero tamén é das que se usa sen parar. Fula quere dicir que algo é difícil ou que está complicado de conseguir. Ademáis sempre que din fula usan un xesto cas mans, que dan palmadas cunha man aberta e ca outra pechada deixando un oco, de forma que fai vacío e soa rarísimo (difícil explicalo escribíndoo, seino). Ademáis, existe a variante de “fulísima”. Se escoitas a alguén dicir que “el examen está fula” ou “el examen está de pinga”, sabes que vai ser duro, pero se escoitas “el examen está fulísima” agárrate ós pelos do peito.
Ño: Unha muletilla que se escoita a miúdo. Xeralmente expresa sorpresa, e utilízase a comezo de frase, pronunciándoa algo así como “ñññño!”. Se te queres sentir moi cubano, podes facer un combo de palabras cubanas dicindo “ÑO, esto ‘tá ‘e PINGA, ASERE!”
Por gusto: Vén significando perder o tempo. É bastante curioso de escoitar, exemplo clásico: “Fui allí por gusto”, o quere dicir que fuches para nada.
Tener un queso: Das máis divertidas que escoitei. Ter un queixo significa que tes moitas ganas de ter sexo. Por que? Non teño nin idea, pero dino así.
Mezclar el culo con la llovizna: O seu equivalente a mezclar o touciño ca velocidade. Tamén graciosa a primeira vez que a escoitas.
Publicado en Vida en Cuba | 5 comentarios »
TuKola
28. Mayo 2010 por Outes.
Por un mundo libre de transnacionais da alimentación, e para que non rouben auga en África. Consume Ciego Montero. Bebe TuKola!

Publicado en Vida en Cuba, Fotos | 9 comentarios »
