Fotos Oriente (III): Guantánamo

Aquí subo algunha foto máis da miña viaxe polo Oriente cubano. Realmente Guantánamo non ten moito, pero a cidade é tan agradable que vale a pena coñecela.
Este son eu na mítica praza que teñen todos os concellos cubanos, no medio do povo e cunha igrexa. Vaia cara de guiri! O carteliño estaba xenial para ver cara onde podías moverte na provincia, sentíame como un alemán andando pola Zona Vella de Compostela…

Ver resto de la entrada »

Como vían os soviéticos que no futuro se vería o seu presente

Esta última semana estiven lendo “A Nebulosa de Andrómeda”, un libro de ciencia ficción escrito por Ivan Efremov, autor soviético dos anos 70. Pareceume interesante publicar este anaco, para ver como se esperaban que sería o futuro os soviéticos nesa época:

Ver resto de la entrada »

Exercicio Meteoro 2010

Despois dos terremotos que se veñen rexistrando en todo o planeta, Cuba comezou un plan especial de actuación a través da Defensa Civil, sobre o que se está a realizar esta fin de semana unha campaña informativa, nun exercicio chamado Meteoro 2010. É ben sabida a capacidade de reacción que existe en Cuba ante ciclóns, que na actualidade practicamente non reportan case casos de pérdidas de vidas humanas, aínda que é un dos países máis expostos a estos fenómenos. Sen embargo, desta volta as campañas informativas estanse levando a cabo en base a terremotos e tsunamis, porque a illa (en especial a zona Oriental), está moi preto dunha falla tectónica, e as posibilidades de que ocorra algo son grandes. Despois do de Haití (terremoto que se notou en Cuba), está claro que viron a posibilidade real de que pasase algo, e agora estanse tomando medidas de prevención por se pasa algo.
Así, hoxe déronnos unha charla informativa sobre que facer en caso de ciclón, terremoto ou maremoto. Explicóusenos ante quen respondemos por ser estudantes en caso de que haxa catástrofe, ós puntos ós que debemos movernos en caso de desastre e como actuar nesas situacións. A charla impartiuna un membro do Consello de Dirección da Beca, e pasaron por alí tamén o Reitor da Universidade da Habana e o Ministro de Educación Superior. Efectivamente, o Ministro foi á beca para ver se se están realizando ben as novas medidas que se están tomando. Moi interesante ver alí ó tipo falándonos de que era importante moverse rápido, que non vaiamos por vías transitadas para evitar o caos, e cousas así!
Unha mostra da importancia que se lle presta á Defensa Civil, a ver se noutros sitios aprenden.

El Ojo del Canario: José Martí

Aproximadamente fai un mes presentouse a película “El Ojo del Canario: José Martí”, o último proxecto de retratar a vida do Heroe Nacional de Cuba. Por fin puiden ir vela ó cine, así que xa podo escribir opinando.
A idea orixinal do proxecto vén dada por TVE, que está levando a cabo unha serie de coproduccións en América Latina e o Caribe para retratar ós próceres da independencia nas colonias españolas.

Ver resto de la entrada »

Efemérides nos últimos días

Recordando que por estos días deben estar a realizarse os actos polo Día das Letras Galegas, vin varias conmemoracións aquí en Cuba.
O 17 de Maio, mentras por Galiza a xente andaba de manifestación, en Cuba celebrouse o día nacional do campesiño. O día conmemórase porque o 17 de Maio de 1959 aprobouse a primeira Lei de Reforma Agraria. Ademáis, a ANAP (Asociación Nacional de Agricultores Pequenos) estaba en Congreso, que se pechou o propio día 17
Ó mesmo tempo, tamén se celebrou o Día contra a homofobia (non sei se este é internacional), que culminou nun acto presidido por Mariela Castro (a filla de Raúl Castro), como presidenta do Centro para a Educación Sexual de Cuba.
Tamén me enterei de que o 17 de Maio é o día internacional contra a hipertensión, así que un saúdo a todos os hipertensos dende aquí.
Por outra banda, o día 19 de Maio conmemórase a caída en combate de José Martí, o prócer cubano, a mans de soldados españois, en 1895. Casualidades da vida, o mesmo día, pero 5 anos antes, nacera Ho Chi Minh, ó que tamén se lle fixo un acto con vietnamitas no monumento á súa persoa, que está na Habana.

SUCRE

Como algunha xente saberá, un dos últimos acordos no marco do ALBA foi a creación do SUCRE, un mecanismo económico que trouxo bastante polémica dende que se comezou a falar do proxecto, e que finalmente comezou a funcionar o 1º de Xaneiro deste ano.
Que é o SUCRE? Pois, as siglas significan Sistema Unificado de Compensación Recíproca. Como o seu nome indica, é un simple sistema de compensación. Moita xente pensou que o SUCRE chegaría a ser unha moeda nalgún momento que englobaría ós 8 países membros do ALBA, pero iso é algo que pode pasar a longo prazo (e cando falo de longo prazo, é de LONGO prazo). O SUCRE, na actualidade, non representa nin unha unidade de conta macroeconómica, e tampouco funciona como moeda virtual (o euro naceu como moeda virtual, 2 anos antes de súa posta en circulación física).
Entón, se non é nada diso, para que sirve o SUCRE? Pois, dende logo, moi boa pregunta. Eu estiven os últimos 4 meses preguntándomo, e parece que non fun o único, porque nin entre os profesores da facultade existe consenso sobre a súa utilidade, uso e perspectivas.
Moi sinxelamente, a idea do sistema de compensación foi a de diminuir a utilización de divisas (léase, dólar) no comercio entre estos países. Sobre esta base, recolléronse datos sobre a moeda de cada país membro do programa (non todos os países do ALBA suscribiron o uso do SUCRE), tendo en conta o seu tipo de cambio, fíxose unha bolsa de moedas lixeiramente apreciada respecto ó dólar e asignouse unha cantidade de SUCREs por país. O funcionamento é simple: con esos SUCREs podes comerciar con outro país membro; cambias SUCREs pola moeda nacional do país co que comercias, e en 6 meses o país ó que lle mercaches ten que facer unha transacción inversa ca que che devolve os SUCREs que ti utilizaches. Se pasan 6 meses sen esta compensación, tense que facer o pago en dólares, tendo en conta o prezo inicial pagado en SUCREs.
Na actualidade os SUCREs só están funcionando sobre un límite de produtos, polo que a súa difusión tamén é máis limitada, xa que existen sectores que quedaron fóra do proxecto.
Polo momento só se fixo unha transacción en SUCREs: Cuba mercoulle a Venezuela arroz co sistema de compensación, e así non tiveron que utilizar divisa. Agora Venezuela debería facer un intercambio á inversa, que aínda non se levou a cabo. A integración en América Latina faise pouco a pouco, e dende logo esta non vai ser a excepción. A ver como está a situación nun par de anos, pero, dende logo, parece un proxecto económico interesante.

Internet

Outro tema importante dos que se debe falar en Cuba: Internet
Moitas veces dise que en Cuba non se pode utilizar Internet porque os Castro son malos, que non queren que se informe á xente, e blablabla. A ver se dando un pouco de información sobre o tema se esclarece a situación e os motivos do que pasa sobre iso no país.

Ver resto de la entrada »

Fotos Santiago de Cuba (II)

Segunda parte da sección de fotos da viaxe a Santiago de Cuba!
Sesionando na Universidade de Oriente. Parece que sexamos a Asemblea Xeral de Nacións Unidas, está clarísimo non? Falaba a delgada de Irak nese momento.

Alfredo e máis eu. Olliño ó look, con guayabera! Mami, síntoo moito, pero non creo que me vaias ver vestido así máis na vida.

No Cuartel Moncada con Alejandro, Roi e Luis Carlos. Aquí foi onde o 26 de Xullo de 1953 se fixo o Asalto levado a cabo por máis de 100 homes, dirixidos por Fidel Castro e Abel Santamaría. O intento fracasa, morrendo asasinados a maioría deles, e o resto encarcelados durante 2 anos até a amnistía. Supón o primeiro intento armado por parte de Fidel de tomar o poder, e deste intento nace o Movemento 26 de Xullo, a organización de maior importancia durante a revolución cubana. Nós estamos na entrada ós almacéns de armas, por onde intentaron entrar os rebeldes, onde se poden ver os buratos causados polo tiroteo.

No val da Prehistoria, nas aforas de Santiago de Cuba. Un hipopótamo raro intenta comerlle unha perna ó pobre Isnel.

E esta foto está adicada á xente que visita fielmente o meu blog. Menos mal que sodes meus pais e 4 máis, porque vaia foto. Dándoo todo bailando salsa en Cuba, que non se diga!

Charla sobre Nacións sen Estado

Dende fai un tempo viñemos falando unha serie de compañeiros da Residencia a forma de facer unha pequena charla sobre Nacións sen Estado, que finalmente realizamos o pasado Martes, ca participación de compañeiros de Galiza, e os pobos mapuche e palestino. Tivemos unhas 40 persoas de público, así que un éxito!

E un par de fotiños!

Ver resto de la entrada »

Bo Primeiro de Maio!